Localización

Benvida

Benvidos á web do centro IES María Soliño  [Enlace á web antiga

Localización do centro

 

O instituto ubícase no norte do municipio de Cangas, fóra do núcleo urbano, a uns 3,5 km. do mesmo. A vía principal de acceso desde o centro da vila é a estrada PO-551, Cangas – Bueu, tomando na Magdalena a desviación en dirección a Erbello – Aldán e, 500 metros despois do cruce, outra desviación que leva directamente ao centro educativo.

As coordenadas UTM do centro son X: 571300 / Y: 4680800; fuso 29 (lat: 42º 16' 42'' N; lonx: 8º 47' 25'' W)







Ver IES María Soliño nun mapa máis grande

Acceso desde Vigo: despois de saír da AP-9 en dirección Cangas Moaña, éntrase na vía rápida do Morrazo en dirección Cangas - Bueu; abandónase a vía rápida na saída 15, dirección Cangas - Bueu; Na rotonda, tómase a 2ª saída, dirección Cangas. Despois de pasar unha gasolineira hai unha recta e, case ao final da mesma, despois do 2º paso de peóns, cóllese o desvío á dereita que leva a Erbello e Aldán; ao final da subida, despois da curva á dereita, tómase a desviación, tamén á dereita, que leva ao instituto.

Acceso desde Pontevedra, Marín, Bueu: séguense as mesmas indicacións do acceso desde Vigo a partir da rotonda da vía rápida. 

Acceso desde Vigo e Pontevedra

Enderezo: Montecarrasco, nº 3, 36949 - Cangas do Morrazo (Pontevedra)

Tlf.: 886120012 (Durante o curso escolar en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00)

Fax: 886120017

Secretaría do Centro (cuestións relacionadas unicamente con este departamento):

Tlf.: 886120016

Correo electrónico: ies.maria.solino@edu.xunta.es

 

Distribuir contido