VIVE A MÚSICA
Por segundo ano consecutivo e como peche de curso, o día 23 celebramos "Vive a música". A partir das 11,00 h. o salón de actos converteuse nunha eclosión de son. O alumnado de 3º A da ESO principiou a actividade cunha sesión de percusión. Seguiron Farinha Trigha, coa súa música Folc-Rock-Bravú; un grupo de gaitas de alumnos/as con música popular; Mother Skull e o seu estilo metal. A continuación, piano, trompa e guitarra pasaron polo escenario da man de Elsa, Wilko, Nerea, Faustino, Juan, Claudia e a profesora Elena. No intermedio fíxose entrega dos premios de Poesía María Soliño, do que damos conta noutro evento.
»