EXPOSICIÓN URBI ET ORBI: dende o galego para o mundo
A traductoloxía veuse elaborando ao longo dos séculos ata hoxe. Dende a Antigüidade grecolatina os autores que trataron da teoría da tradución insistiron na importancia de non traducir palabra por palabra senón de conservar a enerxía e o carácter das mesmas, como dixo Cicerón.
Na actualidade son xa bastantes os escritores e escritoras galegos traducidos a outros idiomas. Clásicos do século XIX como Rosalía e Curros, ou do século XX como Castelao e Otero Pedraio. Contemporáneos xa falecidos como Cunqueiro, Blanco Amor e Casares. Autores e autoras en plena creación como Suso de Toro, Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz e Marisa Núñez. Pero, sen dúbida, o caso máis emblemático é o de Manuel Rivas, traducido xa a máis de vintecinco linguas.
Hoxe é posible atopar obras de escritores e escritoras galegos nas máis variadas linguas do mundo. De todos os continentes. Nas linguas máis estendidas (inglés, francés, ruso, árabe, etc) e en linguas menos estendidas (bretón, sardo, croata, etc). En linguas de territorios próximos ao noso, como as da Península Ibérica, ou moi afastadas de Galicia (turco, coreano, xaponés, etc).
Poderás vela na Ágora ata o 16 de xuño.