"FERVE" A BIBLIOTECA DO MGB
Enviado por BiblioMGB o 27 Novembro, 2007 - 19:10
E así é, pois convocan un concurso, PASAPALABRA, publican o seu boletín nº 1, e ademáis repartirán marcadores e carnets de lector co motivo do día das bibliotecas (24 de outubro).
Concurso “PASAPALABRA”
Con motivo do Día do Libro (23 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio) convocarase o concurso “Pasapalabra”. Para a recopilación de material e información (búsqueda de palabras e definicións nos dicionarios, enciclopedias, etc.), solicitamos a colaboración de todo o alumnado que desexe contribuír na configuración deste concurso. Aqueles que así o decidan poden poñerse en contacto con Pura os venres das 8,45 ás 11,35 na biblioteca a partir do día 30 de novembro.
DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO)
O IES MANUEL GARCÍA BARROS repartirá a todos os cursos de ESO e BACHARELATO
-
Marcadores conmemorativos do Día das Bibliotecas 2007
-
Carnés de lector da biblioteca IES Manuel García Barros