Skip to Content

Igualdade

O Macías contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro o Macías sumouse á conmemoración internacional, e denunciou a violencia contra as mulleres. O alumnado concentrouse cunha pancarta elaborada polos alumnos/as de ESO, e escoitaron a lectura dun manifesto a cargo de dous compañeiros/as de Bacharelato que demandaban entre outras cousas " a erradicación de todas as formas de violencia machista: física e sicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual..."

                       

No manifesto incluíanse unhas verbas de Emila Pardo Bazán que, escritas hai máis de 120 anos, desgraciadamente seguen de plena actualidade: "o que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademáis de criminal é un covarde".

                                              

O MACÍAS DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!

IGUALDADE

Plan Igualdade

Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

Información de interese para abordar a coeducación no ámbito educativo e recursos que axuden a traballar a igualdade:

CURTAMETRAXES:

  • Escondite inglés, curta baseada no guión gañador do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero 2020 da Deputación de A Coruña, realizada por dúas alumnas de 2º Bach do IES de Arzúa no curso 2020-2021.
  • Memorando, curta baseada no guión gañador do VI Concurso de guións contra a violencia de xénero 2019 da Deputación de A Coruña, realizada por tres alumnas do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela.
Guía de prácticas para a igualdade na FP

Fundamentos internacionais para traballar en igualdade

A asociación Aliad Ultreia (Lugo) ten accesible desde a súa plataforma  materiais elaborados para a materia "Igualdade de Xénero" en 1º ou 2º da ESO

 

Guía de linguaxe non sexista da Deputación da Coruña 

A linguaxe inclusiva no centro

Material didáctico arredor do día do Orgullo LGBT para traballar a diversidade nas aulas de Secundaria

Rede LGTBIG+ de Galicia

 

            


O 10 de maio celebramos a "Xornada de igualdade laboral" no IES Macías o Namorado

O martes 10 de maio, por terceiro ano consecutivo, o Equipo de Igualdade do IES Macías o Namorado organizou a charla-coloquio sobre igualdade no eido laboral, na que participou o alumnado de Ciclos Formativos.

Para esta xornada contamos coa colaboración de Luís Carreira, Técnico de persoal da empresa FINSA; Sara Rodríguez, garda civil; Pablo Lorenzo, da área legal laboral da empresa CORTIZO e Milagros González, presidenta do Consello Regulador da denominación de Orixe “Pemento de Herbón”.

Con esta actividade preténdese que o alumnado coñeza e reflexione sobre:

  • A importancia de contar con Plans de Igualdade nas empresas.
  • Medidas de conciliación laboral e familiar.
  • A fenda salarial.
  • A obrigatoriedade da transparencia salarial.

Podes acceder á noticia premendo en: El Correo Gallego.


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut