O pasado 25 de novembro o Macías sumouse á conmemoración internacional, e denunciou a violencia contra as mulleres. O alumnado concentrouse cunha pancarta elaborada polos alumnos/as de ESO, e escoitaron a lectura dun manifesto a cargo de dous compañeiros/as de Bacharelato que demandaban entre outras cousas " a erradicación de todas as formas de violencia machista: física e sicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual..."
No manifesto incluíanse unhas verbas de Emila Pardo Bazán que, escritas hai máis de 120 anos, desgraciadamente seguen de plena actualidade: "o que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademáis de criminal é un covarde".
O MACÍAS DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
25 N.jpg | 55.35 KB |
25N 2.jpg | 41.08 KB |
25n3.jpg | 56.57 KB |
25n4.jpg | 41.8 KB |