Skip to Content

Visita do alumnado de 1º FPB ao Concello de Padrón

Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado do primeiro curso do ciclo de Administrativo do IES Macías o Namorado realizou unha visita de estudos ao Concello de Padrón, onde foron recibidos polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso. Unha visita que ten como obxectivo achegar ao alumnado á realidade do mundo laboral, neste caso unha administración local como o Concello de Padrón.

O alumnado puido coñecer así a estrutura do Concello, o funcionamento dos distintos departamentos e servizos municipais así como o operativo dos órganos de Goberno municipal da man do propio alcalde.

Tamén a concelleira de Xuventude e Voluntariado, pola súa parte, amosoulles o programa de voluntariado local, animándoos a participar nel.

Unha visita totalmente enriquecedora para estas rapazas e rapaces!



page | by Dr. Radut