COMEZA O CPInclúe IGUÁLA-T!
No IES Macías o Namorado de Padrón temos experiencias moi positivas cos proxectos desenvolvidos nos Contratos Programa durante os últimos anos, tanto a nivel de mellora da convivencia no centro, como de potenciación do traballo en equipo, desenvolvemento de destrezas creativas, etcétera. Durante o curso anterior, as medidas sanitarias tomadas nos centros de ensino ante a pandemia da COVID-19 paralizaron a marioría dos proxectos que xa estaban en marcha: un deles, implementar completamente o Plan de igualdade do noso centro. É por isto que neste curso queremos retomar este obxectivo e, en concreto, traballar na temática de ciencia e igualdade, presentando esta proposta dentro dunha das actuacións dos CP-inclúe: IGUÁLA-T.
Baixo a coordinación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía e da Vicedirección, desenvolveremos un proxecto de comunicación creativa para profundizar na reflexión sobre a presenza da muller na ciencia, os sesgos de xénero na investigación e as vocacións científicas e tecnolóxicas do alumnado. Para iso, realizaremos un obradoiro fóra de horario lectivo con alumnado voluntario de ESO no que, seguindo o método científico de problema, hipótese, investigación, análise e experimento, rematemos creando unha proposta de solución.
Coa colaboración da especialista en didáctica e comunicación creativa Cristina de la Torre, o formato final do obradoiro estará relacionado co uso de ferramentas TIC para facilitar a súa difusión. A nosa intención é que o resultado final sexa unha experiencia que poida ser partillada e replicada, tanto se é un audiovisual, como un podcast ou un panel interactivo.
CRONOGRAMA SESIÓNS CONTRATO PROGRAMA IGUÁLA-T
COÑECE O QUE IMOS TRABALLANDO EN CADA OBRADOIRO CON CRISTINA DE LA TORRE |
SESIÓN 1 (14/12/21) |
SESIÓN 2 (8/2/22) |
SESIÓN 3 (22/2/22) |
SESIÓN 4 (15/3/22) |
SESIÓN 5 (29/3/22) |
SESIÓN 6 (21/4/22) |
A maiores, tamén organizamos:
- Xuntanzas informativas en varios recreos.
- Unha sesión durante o recreo do 4/4/22 para explicar a creación dun cuestionario anónimo virtual e poder así seguir investigando na temática de Igualdade: que pensa o noso alumnado e a súa contorna acerca deste tema?
- Unha sesión durante o recreo do 4/5/22 para explicar os resultados obtidos da enquisa e a interpretación dos mesmos mediante gráficos estatísticos. Deseño dunha presentación que recolla estes gráficos e as conclusións extraídas deste estudo; exposición na TV do centro.
Preme nesta ligazón para cubrir o noso cuestionario Iguála-T:
E, por fin, o resultado do noso proxecto, o PANEL INTERACTIVO, coas entrevistas a Iria Gómez Touriño, Lúa López, María de la Fuente, Sabela Ramos, Federico Martinón, Manuel Vázquez e Cristina Rey. Poden verse escaneando os códigos QR.
Tamén se poden ver as entrevistas premendo AQUÍ.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A igualdade na ciencia, un mito (1).png | 170.43 KB |