Haberá tres avaliacións no curso.
A primeira constará dun exame teórico-prático de língua e literatura (s. XVIII e s. XIX), na que se incluirá Crónica de una muerte anunciada. En relación a este último, o alumnado deberá demostrar non só que leu o libro, senon que o comprendeu e que pode aplicar a teoría explicada na clase á práctica.
Asimesmo, serán avaliados os traballos que o alumnado deberá ter entregado no seu día. A falta destes traballos ou non ter lidos os libros correspondentes a cada avaliación fará imposíbel atinxir o aprobado, que, segundo marca a lei, será un 5.
A falta de traballo diario, tanto o de clase como o que deban realizar en casa (periódico, resolución de exercicios, etc.) baixará até 1 punto a nota final.
A segunda e a terceira seguirán as mesmas pautas.
Na segunda entrarán un libro de narrativa e outro de poesía, así como a calificación do traballo de literatura. Na terceira, o libro de teatro.
Nos exames poderánse descontar até 2 puntos polos seguintes conceitos:
- Mala redacción -0.5
- Falta de limpeza e pulcritude -0.5
- Faltas de ortografia -0.5
- Falta de coherencia e cohesión -0.5
Os alumnos e alumnas que non superen unha avaliación terán unha recuperación en maio; quen suspendan dous ou tres realizarán unha proba final de toda a materia.
Como se deduce do dito anteriormente, aprobar un exame non significa aprobar a correspondente avaliación, xa que a nota desta será o resultado de aplicar os diferentes criterios expostos.