a) Coñecer os antecedentes históricos e os xeitos psico-sociais e socio-políticos da situación lingüistica actual.
b) Recoñecer a realidade plurilingüistica e pluricultural de España.
c) Demostrar un nível aceitabel na utilizazón da língua, tanto oral como escrita.
d) Ser capaz de buscar información, sintetizála e expola . Elaborar un tema a partir da documentación conseguida.
e) Dominar a técnica do resumo e do esquema.
f) Demostrar corrección na elaboración de textos atendendo á coherencia do discurso e á corrección gramatical.
g) Distinguir as distintas categorías gramaticais e ser capaz de indicar as suas características.
h) Analizar oracións simples e compostas.
i) Comprender textos orais e escritos.
j) Ser capaz de analisar os distintos signos lingüisticos atendendo aos níveis fonolóxico, morfosintáctico e léxico-semántico.
k) Recoñecer as características dos distintos estilos e correntes literarias dos séculos XVIII, XIX e XX.
l) Ser capaz de interpretar e comentar dun modo crítico un texto literário ou informativo.
m) Ler varias obras literarias, entendelas e comentalas .
n) Distinguir os xéneros literários, así como as diferentes estruturas e tipos de textos.