Unha vez concluído o prazo ordinario de solicitude de admisión, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes presentadas en 1º de Bacharelato para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que, os que aínda non o teñan feito, presenten de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer unha orde de prelación.
Nos cursos de ESO e 2º de Bacharelato todas as solicitudes presentadas obteñen praza.