Skip to Content

Información comunidade educativa

Comunicamos que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/ a seu/ súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias. 
  • Os contactos estreitos non vacinados deben realizar corentena durante 10 días, excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PDIA positiva nos 6 meses previos. Os contactos estreitos completamente vacinados tamén estarán exentos de corentena, salvo indicación de saúde pública. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma. 
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na web de referencia da DXSP. Tamén pode consultar outra información sobre a COVID-19 na web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS.



page | by Dr. Radut