O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur organiza o primeiro roteiro teatral que se celebrará no porto e nos núcleos mariñeiros do concello de Sada e que pretende reflectir o pasado e o presente das persoas maiores e do seu labor no mar.
O evento constará de 10 escenas teatrais centradas nos anos 40 e 50. A actividade estará protagonizada por homes e mulleres do mar, alumnado dos centros educativos de Sada, asociacións culturais do Concello e todas aquelas persoas que se animen a participar. Esta acción pretende impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira, a través dunha ruta pola historia de Sada.
O IES colabora na teatralización de dúas escenas e coa realización audiovisual do evento, editando un documental.