Skip to Content

Circular informativa modificación Normas de Organización e Funcionamento e Plan de Convivencia, relativa ao emprego dos teléfonos móbiles no centro

Estimadas familias:

Pola presente comunicamos a modificación das Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOF) e do Plan de Convivencia, relativa ao emprego dos teléfonos móbiles no centro, que entrará en vigor o 1 de febreiro de 2018:

Queda prohibido o uso do teléfono móbil en todo o recinto escolar. Unicamente estará permitido se é necesario para o desenvolvemento dalgunha actividade académica e sempre baixo a supervisión e responsabilidade do profesor correspondente.

E lembramos que continúa en vigor:

Está totalmente prohibida a gravación, manipulación ou difusión de imaxes dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento dalgunha actividade complementaria ou extraescolar fóra do mesmo sen a autorización expresa das persoas protagonistas das mesmas ou dos seus representantes legais en caso de que sexan menores de idade.

 Tipificación da conduta e medidas correctoras:

  • Uso do teléfono móbil en actividades distintas das académicas: terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia e será de aplicación a medida correctora “amoestación por escrito”.
  • Uso do teléfono móbil para gravación, manipulación ou difusión de imaxes ou informacións: terá a consideración de conduta grave contraria á convivencia e suporá a incoación de procedemento corrector.

Non se trata de corrixir o uso da tecnoloxía senón o abuso e mal uso dos teléfonos móbiles. Agradecemos de antemán a colaboración das familias, que resulta imprescindible.

Atentamente,

O equipo directivo



page | by Dr. Radut