A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.
É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.
Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
PASOS A SEGUIR PARA A INSTALACIÓN:
- BUSCAR EN PLAY STORE OU APPLE STORE "ABALARMOBIL" E INSTALAR.
- PEDIRANNOS UN NÚMERO DE MÓBIL PARA REXISTRARNOS (o mesmo que se facilitou na Secretaría do centro no momento da matrícula do alumnado).
- A ESE MESMO NÚMERO NOS ENVIARÁN UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.
- CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.
CALQUERA PREGUNTA QUE TEÑAN NON DUBIDEN EN CHAMAR AO CENTRO
Guía para as familias abalarMóbil
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Acceder aos datos persoais
- Consultar as cualificacións
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Solicitar unha cita de titoría
- Mensaxería
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.