Novas

Lembra: como se entraba no instituto?

Volvemos publicar o plano de entrada do alumnado a primeira hora para que lembredes os itinerarios que debidades seguir:

 

Resultados ABAU 2020-2021

A pesar destes dous últimos cursos e de todas as dificultades que vos atopastes no camiño, o voso traballo e esforzo veuse recompensado cos excecelentes resultados que un ano máis obtén o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón nas probas ABAU: 95% de aprobados na convocatoria ordinaria e 80% de aprobados na extraordinaria.

Noraboa a todos/as!!!!

 

Convocatoria dos premios para ESO ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Educación convocou o pasado 1 de xullo a convocatoria de premios polo esforzo e superación persoal para o alumnado de ESO. Prema no seguinte enlace se desexa máis información:

CONVOCATORIA DE PREMIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL PARA ALUMNADO DE ESO.

CURSO 20-21

Información: FP Básica de carpintería e moble

Se vas cursar unha FP Básica e aínda non te decantas por ningunha, o IES Salvaterra de Miño ofrece o seguinte tríptico informativo sobre a FP Básica de Carpintería e Moble que se imparte no seu centro:

TRÍPTICO INFORMATIVO FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE

 

Noraboa ao alumnado do noso centro

O profesorado do IES Indalecio Pérez Tizón síntese moi afortunado polo seu alumnado. Estamos moi agradecidos por ter uns alumnos/as que, pese a este difícil ano escolar, cumpriron pacentemente coas novas normas, que non sempre foron fáciles de sobrelevar. Temos que darvos a nosa máis sinceira noraboa por aturar un ano académico con tantas restricións impostas; por aturar seis horas consecutivas con máscara; por aturar o frío das fiestras e as correntes xeradas, especialmente nos meses máis duros do inverno; por non moverse da cadeira nin nos cambios de clase; pola desinfección constante dos vosos postos e material escolar; pola toma de temperatura diaria ao chegar ao centro; por entrar e saír do instituto de maneira escalonada e seguindo as instrucións (por certo, a felicitación neste aspecto trascende a persoas alleas a esta comunidade educativa); por perderse excursións e as clases nas aulas específicas; por aceptar que o recreo non era un espazo por compartir; por cumprir, malia a dificultade, co que se vos pediu dende o ámbito académico; e, sobre todo, por demostrar que todo isto pódese facer sen perder o sorriso. 

Moitas grazas a todos/as. Desexámosvos un bo verán e un próximo curso sen COVID. 

Calendario de admisión a ciclos formativos

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar o calendario de admisión aos ciclos formativos:

CALENDARIO DE ADMISIÓN A CICLOS

 

Calendario fin de curso e inicio de matrícula

Achégase o calendario de fin de curso para alumnado e o prazo de matriculación para o curso 2021-2022:

CALENDARIO DE FIN DE CURSO E PRAZO DE MATRÍCULA

 

Último día lectivo

Enquisa Biblioteca

O equipo de Biblioteca pide a vosa colaboración para mellorar o funcionamento da Biblioteca de cara aos próximos cursos académicos. Animádevos a cubrir esta sinxela enquisa:

ENQUISA BIBLIOTECA. CURSO 2020-2021

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante.

Distribuir contido