PROGRAMA CUALE (INGLÉS B1)

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa seleccionou ao IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024.

A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras -Edulingüe 2030-, na súa liña de impacto 6, incorpora o Programa intensivo de certificación e acreditación da competencia lingüística (CUALE), que ten como obxectivo proporcionar oportunidades para que o alumnado acredite o seu dominio en linguas estranxeiras.

O programa desenvolverase fóra do horario lectivo ao longo do curso escolar (Mércores de 16:30 a 19:00)

O profesorado responsable desta formación realizará as probas ao remate do curso correspondente a modalidade impartida; Idioma: Inglés, Nivel: B1.

A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro da seguinte certificación:

Certificado de aproveitamento do curso preparatorio para a proba de certificación do nivel intermedio B1 (inglés) de competencia na modalidade CUALE B1 da escola oficial de idiomas.

Para a avaliación positiva do curso será preciso ter unha cualificación igual ou maior de 5 sobre 10 nas probas de aproveitamento.

No caso de non ter avaliación positiva no curso o alumnado poderá inscribirse na mesma modalidade por segunda e última vez.

No caso de que algún alumno/a CUALE poidera optar ao nivel inmediatamente superior ao que estea inscrito/a, poderíase de xeito extraordinario, matricular no nivel inmediatamente superior nas probas de certificación das EOI.