O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º do Ciclo medio de de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron o día 27 de abril no IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA,organizado por Igaciencia, contando coa colaboración da Fundación Barrié.
O resto do alumnado de 4º de ESO que non participaba no curso, aproveitaron a viaxe a Coruña para visitar a Casa das Ciencias e pasaron unha mañá moi entretida en PURO SWING, unha exposición sobre péndulos con experiencias interactivas.