Skip to Content

CURSO 2016-2017

VIDEO INTERCAMBIO FRANCIA CURSO 2016/2017

LER CONTA MOITO 2017: MAXIA LAB

Gracias ó Programa Ler Conta moito 2017 para a dinamización á lectura nas Bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,  o concello de Xove invita ó  alumnado do IES Illa de Saron á asistir o próximo día 22 de maio ó espectáculo MAXIA LAB no Salón de Actos do Concello.

Trátase dun espectáculo interactivo de divulgación científica. Consiste nun percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía, desde o Big Bang ós buratos negros etc.. Unha mestura dun show de ciencia con maxia e interactividade co público,  da man de José Ricardo Paredes Pampín, o mago Richard. 

 

INTERCAMBIO FRANCIA CURSO 2016/17 ALUMNADO 3º - 4º ESO

Dende o 30 abril ó 7 de maio o alumnado de Francés  de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos,  acompañados polo profesor de Francés Alberto Aguado e o profesor de Educación Física Tomás Porto, participaron nun intercambio con alumnado francés do Collège Les Clorisseaux,  da ciudad de Poilly-lez-Gien, Francia. Con esta actividade preténdese mellorar a comunicación oral en lingua francesa do noso alumnado así como afondar no coñecemento das costumes e patrimonio cultural do pais veciño, convivindo con familias francesas.

Aproveitaron a viaxe para coñecer París, visitaron os lugares emblemáticos da capital e realizaron un percorrido en barco polo Sena. Visitaron tamén Fontaineblau e participaron nun obradoiro de Esgrima, deporte que ningún dos partipantes practicara antes.

Chegaron agotados, pero moi contentos da experiencia e con ganas de recomendala ós compañeiros de outros cursos que  poderán repetir esta experiencia  en vindeiros anos.

Mais informacion sobre esta actividade na páxina web do Departamento de Francés.

 

 PARÍS. ALUMNADO ILLA DE SARÓN E MARQUÉS DE SARGADELOS

INTERCAMBIO FRANCIA 2016/17

 FOTOGRAFIA CREATIVA TORRE EIFFEL

 

GRUPO ALUMNADO 4º ESO ILLA DE SARÓN

INTERCAMBIO FRANCIA 2016-17

IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º do Ciclo medio de  de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron o día 27 de abril no IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA,organizado por Igaciencia, contando coa colaboración da Fundación Barrié.

O resto do alumnado de 4º de ESO que non participaba no curso, aproveitaron a viaxe a Coruña para visitar a Casa das Ciencias e pasaron unha mañá moi entretida en PURO SWING, unha exposición sobre péndulos con experiencias interactivas. 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2017

 Muller e traballo:

importancia da formación inicial e da formación continua

O día 8 de marzo de 2017 con motivo do Día Internacional da Muller  tivo lugar no IES Illa de Sarón, unha mesa redonda que abordou tanto o presente como o pasado da situación laboral da muller, incidindo, especialmente, no seu rol social tradicional dentro dos condicionantes da súa vida laboral.

 

Sen esquecer a progresiva incorporación da muller a profesións nas que fai ben pouco tiña unha representación máis ben minoritaria, recalcouse moito a importancia da formación inicial e da formación continua dentro das posibles respostas de adaptación ás dificultades de acceso ao emprego, á precariedade laboral e aos cambios de raíz e de estrutura do sistema produtivo que nos veñen dados.

Participaron na mesa redonda:

  • José Ramón Casas Oroza. Ex-Vicedirector do IES  Illa de Sarón.
  • Martina Mendiña Juncal. Cabo na OAP de Ferrol. Sección de Recrutamento. Armada Española.
  • Fátima Rodríguez Moreda. Avogada. Asesora Xurídica do Centro de Información á Muller. Mondoñedo
  • María Nieves Seoane Martínez. Xefa do Departamento de Orientación do IES Illa de Saron. Moderadora da mesa.

 

 

 

 

 

FILM SICIXIA ALUMNADO 4º ESO

 O día 20 de decembro o alumnado de 4º de ESO asistirá en Viveiro á proxección do film do director galego Ignacio Vilar. SICIXIA

Esta actividade é organizada polo Equipo de Dinamzación da Lingua Galega e polo Departamento de Lingua Galega do IES Illa de Sarón.

CONFERENCIA EMILIO VARELA: "ATLANTIS. A CIENCIA DO MITO"

O pasado día 19 de outubro, o xornalista Emilio Varela, especialista en temas medioambientais, impartiu no noso centro a conferencia Atlantis.A ciencia do mito destinada ó alumnado de 3º e 4º de ESO.

A conferencia versou sobre o mito da Atlántida de Platón e explicou dende un punto de vista científico a erupción volcánica da illa de Thera, actual Santorini, hai 3000 anos e que supuxo a desaparición da civilización minoica. 

O xornalista, activista medioambiental, aproveitou a súa exposición final para concienciar ó alumnado  do impacto do cambio climático no Mediterráneo, da pesca extractiva, do turismo de masa e da contaminación que conleva a actividade humana nese entorno.

RECOLLIDA DE COGOMELOS POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO

O pasado día 2 de novembro os alumnos/as de 1º de ESO saíron a recoller cogomelos na zona da Gañidoira e deixaron unha pequena mostra dos exemplares recollidos na entrada do centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut