O próximo VENRES 4 de NOVEMBRO ás 16 horas un grupo de voluntarios da empresa ALCOA en colaboración con alumnado e profesorado do IES "ILLA DE SARÓN" levarán a cabo a actividade: "Traballos na praia: limpeza, estudio e toma de mostras " dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.
A actividade consistirá prioritariamente en realizar unha labor de limpeza da Praia de Lago e aproveitando a estancia na zona realizar un estudio do ecosistema, identificando a flora e a fauna característica dunha zona de dunas. O alumnado fotografiará os animais e plantas atopadas nesta zona costeira.
Para levar a cabo dita actividade formáronse os equipos seguintes:
· Limpeza da praia e identificación de algas
· Limpeza da praia e identificación de crustáceos e equinodermos.
· Limpeza da praia e identificación de plantas.
· Limpeza da praia e análise químico da auga de mar.
· Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.
Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres,pais/nais, alumnado e profesorado do Centro.
Para coñecer os participantes e os distintos equipos prema no arquivo adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
equipos trabajo Plan Acción Illa de Sarón.ppt | 457 KB |