Skip to Content

CURSO 2011-2012

Letras Galegas.

A conmemoración do Día das Letras Galegas tivo moito éxito e sobre todo axudounos a saber máis de Valentín Paz Andrade. Estes foron os actos:

 

Semana do 14 ao 17 de maio

 

-Exposición de carteis onde se mostran as facetas máis importantes da vida e tarefas de Valentín Paz Andrade.

-Elaboración do Vídeo “Valentín Paz Andrade na actualidade” e exposición no centro.

-Exposición do vídeo elaborado pola coordinadora de equipos de normalización e ademais, o alumnado, debía responder por escrito a cuestionarios relacionados co tema.

-Elaboración de power-poin onde se mostran imaxes alusivas ao poema: “cando ti volvas polo mare”

- Participación no Correlingua que este ano se celebrou en Viveiro o 16/05/2012.


Fotos Libros...


Fotos Correlingua 2012...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A conmemoración do Día das Letras Galegas tivo moito éxito e sobre todo axudounos a saber máis de Valentín Paz Andrade. Estes foron os actos:

 

8 de MARZO

Conmemoramos o “Día da muller” proxectando a película “En tierra de hombres” e traballamos nunha unidade didáctica relacionada con ela.

Excursión a Mondoñedo

“Simbad”

Todo o alumnado do IES foi a Mondoñedo para ver a obra “Simbad” baseada no libro de Cunqueiro “Se o vello simbad volvese ás illas”.

Pasámolo ¡guai!


Fotos...

CALENDARIO ACTIVIDADES FIN DE CURSO

A PARTIRES DO 22 DE XUÑO

 

DÍAS

ACTIVIDADES

22

VENRES

REMATE ACTIVIDADE LECTIVA PARA TODOS OS CURSOS

EXCURSIÓNS:

1º/2º ESO: posible excursión

4º ESO: Visita á zona xeolóxica do Perdouro (Burela)

 

25

LUNS

 

 

AVALIACIÓNS FINAIS

 

 

26

MARTES

 

-ENTREGA NOTAS: 11:00 horas

-INICIACIÓN PERÍODO DE RECLAMACIÓNS; 11:00 h-13:00h. (Neste horario todo o profesorado permanecerá no centro)

 

 

27

MÉRCORES

 

 

-PERÍODO RECLAMACIÓNS; 10:00 horas-13:00 horas

(Neste horario todo o profesorado permanecerá no centro)

 

28

XOVES

 

-RESOLUCIÓN DE POSIBLES RECLAMACIÓNS.

-ASINAMOS AS ACTAS DEFINITIVAS.

-CLAUSTRO

A PRIMEIRA EN FOTOGRAFÍA

Javiera Duarte Araya, alumna de 3º de ESO do IES Illa de Sarón gaña o Concurso de Fotografía que convocou o Concello de Cervo coa finalidade de celebrar o día do Medio Ambiente. Noraboa!

 

XOVE, TRIUNFO EN FEMININO

Cinco rapazas do IES Illa de Sarón subcampeonas de Galicia e ximnasia rítmica. Son : Pilar Vázquez, Alba Balseiro, Javiera Duarte, Noela Bouza e Lucía Fernández.

Noraboa!

PROGRAMACIÓN ACTOS EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA

As actividades que figuran con letra negra son as dirixidas ao alumnado do Centro

As actividades que figuran con letra azul son as dirixidas ao público en xeral (profesorado, alumnado, nais-pais, …)

 

MARTES 10 ABRIL:

11:30 h. Reunión informativa do profesorado

19:00 h. Organización e montaxe de exposicións

                   Coordina: Dulce López

 

**************************

MÉRCORES 11 ABRIL

12:50 h. Proxección do documental

“LA ESCUELA OLVIDADA” de Sonia Tercero

                   Coordina: Anselmo Lorenzo

16:30-21:00 h. Visita ás exposicións 

20:00 h. Video-forum: “LA ESCUELA FUSILADA”

de Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez 

                   Coordina: Ramón Casas


 **************************

 

XOVES 12 ABRIL

12:00 h. Proxección do documental

“LAS MISIONES PEDAGÓGICAS (1934-1936)”

de Gonzalo Tapia

                                                         Coordina: Alberto Aguado

16:30-21:00 h. Visita ás exposicións

20:00 h.    CELSO DOURADO:

Presentación de varias obras dunha serie de cadros dedicados á II República.

                   CARLOS NUEVO CAL:

Conferencia-coloquio:

“MESTRES E MESTRAS REPUBLICANOS NA MARIÑA”

Coordina: Ramón Casas

**************************


VENRES 13 ABRIL

12:00 h. Proxección da película.

                   “A LINGUA DAS BOLBORETAS”

de José Luís Cuerda

                   Coordina: Inma Gayoso

I XORNADAS SOBRE EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA

Corresponsabilidade 2011

 

 

25 de Novembro:  Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

 

O alumnado de secundaria e PCPI colaboraron en actividades que  tiñan por obxectivo: “fomentar a corresponsabilidade”. As actividades foron: tender roupa, facer a cama, poñer botóns, programar a compra para a fin de semana, tarefas propias de xardinería, montar e desmontar unha estantería,... 

Pasámolo ben! Os campións e campionas : 3º ESO!. Noraboa! 

 

LIMPAMOS A PRAIA DE LAGO (XOVE)

 O pasado venres 4 de novembro a comunidade

educativa do IES Illa de Sarón adicamos a xornada de

tarde a limpar a Praia de Lago. Recollemos todo tipo

 de lixo e aproveitamos para recoller en fotografías

testemuñas da flora e da fauna da praia.

 

Traballamos moito e pasámolo ben!

 


 

E se queres ver máis dalle aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut