Eleccións ao Consello Escolar 2024

Toda a información relacionada coas eleccións ao Consello Escolar se irá publicando neste enlace.

COLABORACIÓN CON AECC

 

O pasado 8 e 9 de novembro  celebrouse  en Ourense o  III Congreso galego  de

persoas   con   cancro  e  familiares   da  AECC. O noso  instituto  participou de

maneira activa na promoción do mesmo.

Por unha banda, alumnas do noso grupo de mediación foron parte dun experimento

social ( “E a ti quen te coida?” )  e  os nosos alumnos/as  de 3º e 4º de  ESO tamén

participaron na charla que  se  celebrou  sobr  coidados  impartida  por  Rubén Riós

(director e actor), e persoas relacionadas coa AECC. De todo esto saíu un vídeo moi

emotivo que aquí deixamos.

   

As nosas alumnas na conferencia falando aos seus compañeiros da

elaboración do vídeo e dos cuidados e autocuidados.

RISCOS DE INTERNET

O noso alumnado de 1º ESO participou, a través do Plan Director  para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, nunha charla formativa, sobre os posibles riscos no acceso á web e ás redes sociais, a ponencia correspondeu a cargo da Policia Nacional, que alertou ao noso alumnado dos problemas e riscos aos que se expoñen cando acceden á rede se non toman as debidas precaucións.

 

ENCONTRO LITERARIO CON ANTÍA YÁÑEZ

A escritora Antía Yáñez visitou o IES Xesús Ferro Couselo, convidada polo Departamento de Lingua Galega, o mércores 13 de novembro, para participar nun encontro literario co noso alumnado de 1º da ESO e de 1º de Bacharelato.

A actividade desenvolveuse en dúas sesións: na primeira delas falou do libro O misterio de Portomarín co alumnado de 1º da ESO e, na segunda, conversou cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato sobre a obra Senlleiras.

Rematamos o encontro coa sinatura de libros.

CHARLA AECC

Comezamos a semana recibindo a visita da Asociación española contra o cancro e do actor e director de cine Rubén Riós. Esta sorpresa ten a súa orixe nunha colaboración desta asociación co Equipo de mediación do noso centro. Nesta iniciativa catro alumnas do IES Ferro Couselo colaboraron na creación dun pequeno documental sobre a importancia do coidado. Así mesmo, Rubén Riós e as colaboradoras da Asociación emocionáronnos coa súa mensaxe de esperanza, valentía e solidaridade.

Mil grazas á AECC por pensar en nós; a Rubén Riós polo seu poder de comunicación e polo seu bo facer; e mil grazas ao alumnado colaborador e, moi especialmente, ás súas familias facer realidade un proxecto tan marabilloso. Estamos desexando ver nas redes o resultado final!!!

 

     

 

Mil estrelas, musical de musicais. EDLG

Este martes 24 de setembro o alumnado de 4° da ESO disfrutou dunha actividade organizada polo EDlG do noso centro. Asistiron ao Auditorio municipal de Ourense para ver o espectáculo musical Mil estrelas, musical de musicais, organizado e interpretado polo alumnado e profesorado do IES Taboada Chivite de Verín. 
Trátase dunha actividade que levan varios anos organizando a prol da dinamización e normalización da lingua galega, coa que intentan pór en valor o galego e dar pulo e ánimo ás novas xeracións  máis alá do ámbito estritamente académico.  Dende o IES Ferro Couselo agradecemos e aplaudimos iniciativas coma esta.
 
    
     

 

Transporte escolar

Aviso:

 Solicítase que os/as alumnos/as usuarios do transporte de bacharelato ( IES Ferro Couselo) accedan ao autobús na parada máis próxima o enderezo que indicaron na solicitude.

 Gracias.

 

CURSO 2024-2025

Información sobre o inicio do curso

 

 

 

Mais información aquí

 

Entradas e saídas ESO:

Dende o xoves 12 de setembro, as entradas e saídas faranse no horario normal de 8:30 a 14:10 pola mañá e de 16:00 a 17:40 na tarde do luns
pola parte do PATIO POSTERIOR

 

Entradas e saídas BACHARELATO:

Dende o xoves 12 de setembro, as entradas e saídas faranse no horario normal de 8:30 a 14:10 pola mañá e de 16:00 a 17:40 na tarde do luns

pola PORTA PRINCIPAL

 

 

Para acceder á aula virtual por primeira vez, preme no seguinte enlace e segue as instrucións deste documento

Distribuir contido