Mil estrelas, musical de musicais. EDLG

Este martes 24 de setembro o alumnado de 4° da ESO disfrutou dunha actividade organizada polo EDlG do noso centro. Asistiron ao Auditorio municipal de Ourense para ver o espectáculo musical Mil estrelas, musical de musicais, organizado e interpretado polo alumnado e profesorado do IES Taboada Chivite de Verín. 
Trátase dunha actividade que levan varios anos organizando a prol da dinamización e normalización da lingua galega, coa que intentan pór en valor o galego e dar pulo e ánimo ás novas xeracións  máis alá do ámbito estritamente académico.  Dende o IES Ferro Couselo agradecemos e aplaudimos iniciativas coma esta.
 
    
     

 

AdxuntoTamaño
IMG-20240924-WA0004.jpg346.33 KB
IMG-20240924-WA0005.jpg385.58 KB
IMG-20240924-WA0003b.jpg103.65 KB
IMG-20240924-WA0006.jpg275.56 KB