Coñece Ourense

Como xa ben sendo tradicional no Ferro Couselo, o Departamento de Xeografía e Historia participa no programa da Deputación Provincial "Coñece Ourense"
 
En cursos anteriores visitamos a Ribeira Sacra, as terras de Ribadavia e as bisbarras de Celanova e Bande. Neste curso os profesores Óscar Vilas e Iago Saco partimos o pasado 9 de novembro co alumnado de 4º de ESO cara Verín para coñecer de primeira man e amosarlles do xeito máis lúdico e interesante posible, mostras do patrimonio material histórico artístico da zona, como o conxunto do Castelo de Monterrei, as rúas e prazas da vila, a igrexa de Santa María a Maior ou a igrexa de Santa María de Gracia de Monterrei. 
 
Visitamos tamén o balneario de Caldeliñas, actualmente abandonado pero con un interesante valor histórico, e as actuais factorías de Sousas e de Cabreiroá. Nesta última agradecemos a interesante visita guiada que nos ofreceu un traballador cualificado da empresa.
 
Cómpre salientar o bo comportamento xeral do alumnado, así como o alto interese e participación nos xogos e na xincana polas rúas da vila de Verín. 
Os obxectivos marcados para esta saída didáctica cumpríronse de xeito destacado.
 
A continuación as imaxes do día.

 

Boletíns de cualificacións

Por decisión do claustro de profesorado e co obxectivo de reducir o consumo de papel no centro, os boletíns de cualificacións entregaranse únicamente en formato dixital, a través da aplicación ABALAR.

A entrega das notas en papel quedará unicamente para aquel alumnado que non dispoña da aplicación ABALAR ou o solicite enviando un e-mail ao centro. 

As notas finais (ordinarias e extraordinarias) sempre se entregarán nos dous formatos, papel e dixital.

A entrega de notas  farase como se indica no cadro:

YAM: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO NA MOCIDADE 2023-2028, COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA.

O noso centro foi seleccionado para participar no proxecto Youth Aware of Mental Health (YAM) centrado na creación de grupos de discusión e de resolución de conflitos e apoio por parte dos propios pares (menores entre 12 e 16 anos) nos centros escolares, dirixidos por persoal instrutor con experiencia no traballo con persoas mozas.

Neste curso o programa vai dirixido ao alumnado de 3º ESO. Dito alumnado LEVOU A CASA O MARTES 21 unha carta con información para as familias e o impreso de consentimento.

O consentimento de participación será solicitado por un mebro /a do equipo de investigación do proxecto que a maiores informará e resolverá calquera cuestión ou dúbida nunha reunión a que quedan invitados tantos as familias como o alumnado de 3º ESO que o desexe.

DATA DA REUNIÓN: MARTES 28

HORA : 20:000H

LUGAR: AULA DE MÚSICA

PONENTE: Persoal INSTRUCTOR do YAM

Para máis información podedes consultar a web do proxecto que atoparedes na ligazón:   https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM

e no QR do díptico para os pais /nais /titores legais

 

 

 

Proxecto agrupacións escolares: Un Camiño de Santiago cheo de vida

Digital Week 2023

Para ver imaxes das actividades do alumnado participante, preme no enlace á páxina web:

www.playandsay.org

Accede ao blog, escolle a semana 6 e introduce o contrasinal  6Dixpe.

SAMAÍN 2023

O luns 30 e o martes 31 de outubro, co gallo da celebración dun terrorífico Samaín, o alumnado de 1º e 2º ESOparticipou nun Scape Roomno que tiñan 30 minutos para indagar polo laboratorio de ciencias, resolver probas, averiguar códigos e mesturar os compoñentes adecuados para librarse de que as profesoras zombies os atacaran e lles CHUCHARAN  o cerebro, evitando así converterse en ZOMBIES das súas materias. Todos os grupos o intentaron pero solamente algúns acadaron a chave que os salvaron dos canibales zombies. A experiencia non defraudou, foron 30 minutos de terrorífica diversión para todos os presentes.   GANAS DE MÁIS!!

 https://youtu.be/rHqIVOlaqBc?si=lJbLUAn6PBUrw2cJ

Tamén, durante os  recreos do xoves 26, venres 27 e luns 30 de outubro, houbo sesión de cine no que se proxectaron unhas curtas de medo, en colaboración co EDLG.

                    

          Verónica                                  Sofía                                      Lucas        

               GAÑADORES DO CONCURSO "O misterio do anel dourado"

   Valentina e Laura                 Iker  
 

Un camiño de Santiago cheo de vida

O mércores 26 de outubro, como actividade do proxecto Camiño de Santiago cheo de vida: cultura, natureza e ecoloxía, visitamos a estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas do Carballiño, fixemos unha pequena ruta camiñando e rematamos o chuvioso día no Mosteiro de Oseira.

No Carballiño, o encargado de mergullarnos no mundo da predicción meteorolóxica foi Miguel García. A estación que el puxo en marcha nos anos 80, e da que se encarga a diario dende entón, pertence á rede da Axencia Estatal de Meteroloxía (AEMET). Explicounos como funcionan diversos aparellos de medición coma un pluviómetro, un heliógrafo ou un anemómetro. Houbo tempo tamén para a interpretación de datos, para diferenciar entre medicións e prediccións e para navegar pola páxina da AEMET en busca do que nos esperaba nas próximas horas: chuvia intensa.
 
A pesares da predicción meteorolóxica de Miguel, aventurámonos a facer a pé un anaco do Camiño de Santiago dende o instituto ata a área recreativa próxima ao Mosteiro de Oseira. A primeira hora da tarde realizamos unha interesante visita guiada por diversas zonas do mesmo como a igrexa, a escaleira de honra, o museo de pedra, a antiga sala capitular ou biblioteca.

Unha actividade nun chuvioso día de outono que resultou ser moi enriquecedora.

 

 

Obradoiro de poesía

O luns 23 de outubro o alumnado do club de lectura de 1.º ESO participou nun obradoiro que se desenvolveu no descanso previo ás horas lectivas da tarde (15-16 horas). A biblioteca converteuse nun lugar cheo de poesía no que recitamos, creamos e reflexionamos sobre a creación poética. O alumnado descubriu que a poesía é ritmo e música con poemas de Nicolás Guillén, pero tamén que cousas tan simples coma unha cebola poden ser merecedoras dun poema e que, ás veces, se cambiamos unha soa palabra, o sentido da composición muda completamente. Mentres a choiva batía nos cristais... a rapazada fixo arte coas palabras.

Club de lectura

Hoxe foi un día importante: por fin botamos a andar o noso club de lectura en colaboración co CIS Aixiña. Cando chegamos, alí estaban Lalo,  Modesto, Elena, Pili, Camy, Ángeles, Celso, Moncho, Julia... Foi coñercérmonos e sentir que estabamos facendo algo grande e marabilloso. As barreiras e os prexuízos caeron e comezamos a falar da vida e da literatura. Bastaron cinco minutos para que o noso alumnado e os usuarios do centro de día de Aixiña se entenderan coa mirada e coas palabras. Isto non fixo máis que comezar, pero promete que vai ser unha gran aventura. E para botar a navegar este barco capaz de surcar o mar máis fero, o libro escollido foi Las vencedoras, de Laetitia Colombani. Feliz travesía e feliz lectura!!

                     

Teatro Principal: estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza

O venres 22 de setembro tivemos a oportunidade de acudir ao Teatro Principal á estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza.

Esta peza teatral chea de humor, ponnos ante un espello de nós como falantes dunha lingua minorizada para combater numerosos prexuízos. Baséase na obra de Núñez Singala e é un complemento perfecto ás clases de Sociolingüística.

Tivo a sorte de presenciar este espectáculo o noso alumnado de Literatura universal de 1.º de Bacharelato.

Distribuir contido