Visita a GALICIENCIA alumnos de Física e Química 4º ESO e 2º Bacharelato Ciencias

1 Dec 2017
Atlantic/Bermuda

Os alumnos de Física e Química de 4º ESO e 2º BAC visitaron GALICIENCIA o 23 de Novembro.

Asistiron a dúas charlas moi participativas sobre astronomía, tema deste ano na Galiciencia, e puideron ver os proxectos que participaban este ano.

 

O IES Xesús Ferro Couselo contra a Violencia de Xénero

 

Os alumnos de 2º Bacharelato organizan un acto contra a violencia de xénero no Salón de Actos. O martes, 28 de novembro, farán unha homenaxe ás vítimas do 2017, mulleres e fillos. Nunha árbore colgarán tarxetas cos nomes das vítimas e prenderán unha candea en homenaxe a cada unha, así ata 54. A continuación, dous alumnos lerán o manifesto que figura na seguinte ligazón: 

Manifiesto contra a violencia de xénero.

E finalmente, gardaremos un minuto de silencio.

Accede á galería para ver mais imaxes do acto

Estadía Lingüística e Cultural en Francia. Xuño 2018.

Segundo o acordado na reunión coas familias o día 18 de outubro, ponse a súa disposición a información relativa a estadía lingüística para o mes de xuño de 2018.

París / Versalles

Costa Azul: Cannes, Niza, Antibes

Na páxina web de Pierre Overall poden ampliar a información sobre a dita estadía:

Pierre Overall. París

Pierre Overall. Costa Azul

Proxecto Educativo do Centro

O borrador do Proxecto Educativo do centro está a disposición de todos os interesados na Secretaría do Instituto ata o día 3 de maio.  Pódese consultar e presentar emendas, por escrito, ante a dirección do centro.

PRÓXIMAS ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663)

Calendario eleccións

Enlace ao DOG

Calendario de actuacións

Censo pais e nais do alumnado

Impreso candidatura pais-nais

Candidatos ao Consello Escolar

Renovación parcial do Consello Escolar (NOVO)

VIAXE CULTURAL A FRANCIA

O día catro de abril de 2016 celebrouse o sorteo público dunha tablet entre todas as papeletas vendidas. 

O número premiado foi o 0251.

A persoa que teña a papeleta premiada pode recoller o premio nas dependencias do Instituto antes de que remate o presente mes de abril.

1000 GRÚAS POLA PAZ / 1000 GRULLAS POR LA PAZ

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

O lema deste día é:

'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia; e a paz é mellor que a guerra'.

No noso centro, a profesora de matemáticas Marosa Vázquez Vaamonde, responsable do obradoiro de papiroflexia, fixo unha proposta para sumarnos á celebración deste Día Escolar da Non-Violencia e a Paz, recordando a historia da nena xaponesa Sadako Sasaki e das mil grúas de papel, a historia das MIL GRÚAS POLA PAZ.

No seu obradoiro de papiroflexia do instituto empezou ensinando ao seu grupo de origamistas a facer as grúas de papel.  Ao mesmo tempo animou ao resto da comunidade educativa a sumarse ao reto de facer 1000 grúas de papel antes do día 30 de xaneiro de 2016. 

E o resultado está á vista.  A mediados de decembro xa hai máis de 1000 grúas de papel, de todas as cores e de todos os tamaños, como podedes ver nas imaxes.  Agora todas as grúas esperarán ata o vindeiro 30 de xaneiro para, chegado o día, “VOAR” por todo o centro, cumprindo os nosos desexos de non violencia e paz.

Podes ler nos seguintes enlaces a historia de Sadako e outra información de interese
http://www.milgrullasporlapaz.com.ar/historia.html  (cun tutorial para facer a grúa de papel)
http://www.himahima.co.jp/PeaceWeb/kids/KPSH_E/top_e.html  (en inglés)
http://pw1.netcom.com/~kundk/newsletter/Sadako.htm  (en castelán)

             

              

 

Distribuir contido