|
||||||
|
Visita a Santiago de Compostela
Enviado por admin o Sáb, 18/12/2021 - 19:33O xoves 9 de decembro, os alumnos de 4 ESO A e 4 ESO B do IES Xesús Ferro Couselo acompañados de 4 profesores dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Física e Química partiron a primeira hora da mañá cara a Santiago de Compostela, con dúas citas culturais: O Museo de Historia Natural da USC e a exposición Galicia Futura na Cidade da Cultura.
Así foi o día: preme aquí
ENLACE FOTOS https://photos.app.goo.gl/7ouVd2tDgV8dMdQF9
25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Enviado por admin o Mér, 24/11/2021 - 23:16Coma todos os anos e con motivo da celebración do 25N-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a nosa Comunidade Educativa volcouse na realización de actividades co obxectivo de visibilizar unha situación que por desgraza segue presente cada día na nosa sociedade.
O Equipo de Dinamización Lingüística propuxo a realización dun vídeo co obxectivo de darlle difusión ao símbolo de axuda contra a violencia machista. Unha potente ferramenta que permite ás vítimas saír das mans dos seus agresores.
aFERRate á non violencia de xénero
A proposta do grupo de traballo Proxecta “Donas de si” e en colaboración coas titorías de ESO, perfilou siluetas do alumnado e profesorado en diferentes tonalidades de lila, morado, branco e rosa como cores identificativas e fóronse colocando polos corredores das aulas, todas elas orientadas na mesma dirección e coas súas miradas cara o hashtag #aFERRateaNonViolencia dando mostras claras de que todos camiñamos na mesma dirección contra a Violencia de Xénero.
Por outra banda o alumnado de 2º e 3º de ESO elaborou frases que non poden pasar desapercibidas e ás que AFERRARNOS como parte importante da educación. Estas frases foron pintadas nos espellos e azulexos do centro educativo.
VÍDEO SILUETAS E FRASES ( Este enlace: https://youtu.be/nkhbu8Ama0c )
A súa vez alumnado de 4 ESO realizou vídeos nos que se invirten roles de actuación segundo os estereotipos de xénero implantados pola sociedade como punto de reflexión a ter en conta.
VÍDEOS 4º ESO ( Este Enlace: https://youtu.be/NN6GA5WNJkE )
O alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Literatura Universal quixo mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero, facendo unha lectura comentada dun conto de Emilia Pardo Bazán “ El revólver”. Neste relato de máis dun século pode apreciarse o que , por desgraza, segue a suceder na actualidade.
Nerea, Aitor, Rubén, Olga, Naír, José Manuel, Sandra e Uxía puxeron as voces e os comentarios e o profe Roberto conseguiu darlle forma. Preme o reprodutor para escoitalo.
Plan de ensino virtual ante a Covid-19
Enviado por admin o Mar, 23/11/2021 - 08:53Plan de ensino virtual ante a covid-19
Dito plan contempla o funcionamento do centro en horario espello (similar ao do ensino presencial empregando ferramentas de comunicación e aulas virtuais). Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, informamos ás familias de que, no caso de que os seus fillos deban quedar na casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menor duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se pode consultar no seguinte enlace.
Distribución de máscaras entre o alumnado
Enviado por admin o Lun, 15/11/2021 - 08:26Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22.
(código de procedemento ED330E)
Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.
Novembro: Mes da Ciencia en Galego
Enviado por admin o Xov, 04/11/2021 - 10:14Con motivo do Mes da ciencia en galego, os departamentos de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía, en colaboración coa biblioteca, organizan a actividade A esfera da auga do 8 ao 19 de novembro.
Horas de atención a pais e nais Curso 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 07/10/2021 - 07:48Nos seguintes enlaces poden consultar as horas de atención a pais e nais por parte do profesorado dos seus fillos e fillas.
Horario de atención a pais e nais 1º ESO
Horario de atención a pais e nais 2º ESO
Horario de atención a pais e nais 3º ESO
Horario de atención a pais e nais 4º ESO
Horario de atención a pais e nais 1º BAC
Horario de atención a pais e nais 2º BAC
Plan de acollida familias curso 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 28/09/2021 - 09:05Estimados pais e nais:
no seguinte enlace poden atopar datas e horas para as reunións da próxima semana entre o equipo directivo e as familias. Ditas xuntanzas faranse por videochamada.
Recibirán os datos necesarios para conectarse ás reunións a través da aplicación Abalar.
Normas xerais COVID19 curso 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 14/09/2021 - 15:09Na seguinte ligazón atoparás información importante sobre as normas COVID para o curso 2021-2022.
Horario xeral do instituto para o curso 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 14/09/2021 - 11:40MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por webmaster o Lun, 13/09/2021 - 10:03Prazo extraordinario de matrícula: do 1 ao 10 de setembro. Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas. Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.
Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións. Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:
Instrucións e impresos de matrícula para:
1º ESO Impresos de matrícula
2º ESO Impresos de matrícula
3º ESO Impresos de matrícula
4º ESO Impresos de matrícula
1º BAC Impresos de matrícula
2º BAC Impresos de matrícula
Servizo de comedor:
Coa situación sanitaria actual motivada pola COVID, e mentres non haxa novas instruccións por parte da Consellería de Educación, o servizo de comedor manterase en suspenso durante o curso 2021-2022.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »