|
||||||
|
RECEPCIÓN PAIS E NAIS DO ALUMNADO
Enviado por admin o Sáb, 16/09/2023 - 09:29Curso 2023-2024
Enviado por admin o Mar, 29/08/2023 - 16:55Enlace á información detallada sobre o primeiro día do curso
Para acceder á aula virtual por primeira vez, preme no enlace á dereita desta páxina.
Segue as instrucións deste documento
Fondolibros curso 2023-2024
Enviado por admin o Mar, 11/07/2023 - 08:36Prazo de presentación de solicitudes: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Publicación de listaxes provisionais: 12-7-2023
Publicación de listaxes definitivas: 26-7-2023
Artigo 13. Publicación de actos
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
Libros de texto para o curso 2023-2024
Enviado por admin o Ven, 30/06/2023 - 08:55Enlace ao listado de libros para o curso 23-24
Aviso para o alumnado de 3ºESO: recoméndase non mercar o libro de Física-Química ata falar coa profesora en setembro.
MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 07:00Comedor escolar: Publicadas con data 4 de xullo as Instrucións de xestión de comedores para o vindeiro curso 2023-2024, é necesario que todos os usuarios do servizo cubran e entreguen no centro o seguinte modelo de autodeclaración debidamente cuberto. Modelo de autodeclaración aquí
O alumnado que xa formalizou a matrícula con anterioridade ao presente aviso, pode enviar o impreso de autodeclaración ao enderezo electrónico do centro, indicando "comedor + nome apelidos + curso"
Enderezo electrónico do instituto: ies.ferro.couselo@edu.xunta.gal
Prazo ordinario de matrícula: do 26 de xuño ao 10 de xullo. Lembramos que non hai período extraordinario de matrícula en setembro. Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas. Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.
Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións. Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:
Instrucións, impresos de matrícula e outra documentación para:
1º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
2º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
3º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
4º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
1º BAC: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes, Anexos
2º BAC: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes, Anexos
NOVAS FIN DE CURSO 2022-2023
Enviado por admin o Mér, 21/06/2023 - 18:43Entrega de boletíns de cualificacións para alumnado da ESO: 27 de xuño ás 12:00 horas.
Entrega de boletíns de cualificacións para alumnado de Bacharelato: 23 de xuño ás 12:00 horas.
Criterios de promoción e titulación: ligazón
Educa en dixital
Enviado por admin o Xov, 15/06/2023 - 11:35Recordatorio para o alumnado beneficiario do programa.
Como beneficiario do programa Educa en Dixital e/ou Fenda dixital, o/a seu fillo/a ten a súa disposición un ordenador portátil durante o presente curso 2022-2023.
No acordo de cesión asinado por vostedes, comprometéronse a usalo de forma responsable, para a realización de tarefas exclusivamente escolares, a mantelo baixo a súa responsabilidade e coidado, así como a cumprir coas medidas de seguridade apropiadas. Tamén asinaron o compromiso de devolvelo tal e como se lle entregou, na súa caixa orixinal e con todos os compoñentes en perfecto estado.
Devolución do equipo na conserxería segundo as indicacións previas:
ÚLTIMO DÍA LECTIVO AO CHEGAR AO CENTRO
Devolución dos libros de texto curso 2022-2023
Enviado por admin o Xov, 01/06/2023 - 12:27Aviso para o alumnado de 2º e 4º ESO do curso 22-23: Non é necesario facer a devolución dos libros.
No curso 2023-2024, en 2º e 4º da ESO vanse substituir os libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
Un Camiño de Santiago cheo de vida, cultura, natureza e ecoloxía
Enviado por admin o Ven, 17/03/2023 - 10:41
O traballo avanza e o alumnado de 1º e 2º ESO que está participando no Proxecto Agrupacións de Centros Escolares desenvolveu ao longo de xaneiro e febreiro, diversos traballos de investigación dende as materias de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química sobre a parte do Camiño de Santiago que pasa pola cidade de Ourense, a Vía da Plata, Camiño Mozárabe, no tramo que vai dende Portela de A Canda ata Vilar de Barrio, pasando por Laza e por Verín.
Mais información na ligazón
La Entrevista de Hoy en Telemiño: Luz Blanco Fernández 23 03 23: ligazón
Faro de Vigo, edición Ourense: ligazón
Diario de Avisos: el preriódico de Tenerife: ligazón
Facebook: ligazón
La Región: ligazón
8M IES Ferro Couselo
Enviado por profesor o Mér, 15/03/2023 - 20:29O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tivo lugar no IES Ferro Couselo un pequeno acto para marcar este día no noso calendario.
Consistiu nunhas breves palabras da Directora, Ana María Gómez, que quixo pór en valor o traballo non remunerado das mulleres na casa. Para facer visible este traballo varias profesoras e algunha alumna puxemos o mandil.
A música correu a cargo de Nicolás Montero, de 4º ESO B.
O centro vestiuse con exposicións elaboradas polos diferentes departamentos (EDLG, Matemáticas, Física, Educación Física e Música) sobre mulleres que destacaron nos diferentes ámbitos.
Todas estas actividades son unha forma de sensibilizar ao noso alumnado e de apostar por unha educación en igualdade.
Adxunto fotos e un vídeo de Nicolás Montero ao piano: https://www.youtube.com/shorts/tV6KtRbd8y4
Grazas aos que vos implicastes nas diferentes actividades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »