|
||||||
|
Aviso sobre comedor escolar para o curso 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 10/07/2024 - 11:46Informamos ás familias de que todas as solicitudes de comedor escolar foron admitidas. Como todos os usuarios de transporte escolar tienen derecho a comedor, no caso de non estar interesados neste servizo de comedor, deberán solicitalo por escrito, comprometéndose a recoller ao alumno durante o tempo de comedor (luns ao mediodía) e a traelo de volta ao instituto para a xornada da tarde. Dita solicitude asinada polos pais/nais deberá ser entregada no centro antes do inicio do novo curso. O servizo de comedor empeza o primeiro luns lectivo.
HORARIO DE VERÁN
Enviado por admin o Ven, 05/07/2024 - 11:12-
Do 1 ata o 8 de 9:00-14:00 (Matrícula)
-
O resto dos días do mes de xullo 9:00-13:00
AGOSTO
-
Durante o mes de agosto o centro estará pechado a nivel administrativo.
-
No caso de urxencia o contacto co centro poderá ser por e-maiL ies.ferro.couselo@edu.xunta.es
ou telefónico chamando de 10:00 a 13:00 a calquera dos teléfonos seguintes:
Tlf.: 692628585 Tlf.: 662523554
Publicación e entrega de boletíns de cualificacións finais
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 07:46Día 25 de xuño (martes): 1º Bacharelato: publicación de cualificacións en Abalar, ás 12:00 horas.
entrega de boletíns, ás 12:00 horas.
ESO: publicación de cualificacións en Abalar, ás 21:00 horas.
Día 26 de xuño (mércores): ESO: entrega de boletíns, ás 11:00 horas.
Lembramos que, unha vez coñecidas as cualificacións do curso actual, todo o alumnado que teña pensado seguir no centro ten que matricularse para o curso 2024-2025, entregando en secretaría a documentación que poden atopar nesta páxina web. O feito de ser alumnado do centro non supón estar xa matriculado para o curso seguinte.
O prazo para entregar a documentación remata o día 8 de xullo.
MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 18/06/2024 - 10:40Comedor escolar para alumnado de ESO: Publicadas con data 1 de xuño as Instrucións de xestión de comedores para o vindeiro curso 2024-2025, é necesario que todos os usuarios do servizo cubran e entreguen no centro o seguinte modelo de autodeclaración debidamente cuberto. Modelo de autodeclaración aquí
Enderezo electrónico do instituto: ies.ferro.couselo@edu.xunta.gal
Prazo ordinario de matrícula: do 23 de xuño ao 8 de xullo . Lembramos que non hai período extraordinario de matrícula en setembro. Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas. Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.
Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións. Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:
Instrucións, impresos de matrícula e outra documentación para:
1º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
2º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
3º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
4º ESO: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes
1º BAC: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes, Anexos
2º BAC: Impresos de matrícula, ANPA, autorización uso de imaxes, Anexos
FONDOLIBROS Curso 2024-2025
Enviado por admin o Xov, 13/06/2024 - 11:28
LIGAZÓN a Fondolibros
Prazo de presentación de solicitudes: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Texto da convocatoria: Orde do 7 de maio de 2024
Publicación de listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024
Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024
Publicación de actos
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan.
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
Devolución dos libros de texto do curso 2023-2024 FONDOSOLIDARIO
Enviado por admin o Xov, 13/06/2024 - 11:25DEVOLUCIÓN: o último día lectivo, ao remate da xornada.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Mér, 12/06/2024 - 07:50Becas de carácter xeral e axudas para o curso académico 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 11/06/2024 - 10:25- «BOE» núm. 66, de 15 de marzo de 2024, páginas 13418 a 13420 (3 págs.) Enlace
Información xeral: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
BECAS:
Presentación de solicitudes: en sede electrónica https://sede.educacion.gob.es/portada.html ou en https://www.educacionyfp.gob.es/portada.html
O plazo para solicitar a beca da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares).
AXUDAS
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
A convocatoria para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024. O plazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de septembro de 2024.
FPB: instrucións xerais e calendario
Enviado por admin o Lun, 10/06/2024 - 11:36Este ano, a diferencia do curso anterior, soamente o alumnado de 2º ESO será proposto polo equipo docente para FPB.
O alumnado do IES Xesús Ferro Couselo de 3º e 4º da ESO poderá solicitar a petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo de grao básico.
Polo tanto, de estar interesados en incorporarse a este tipo de ensino deberá presentar a solicitude na secretaria do noso centro desde o 24 de xuño as 9:00 horas ata o 4 de xullo ás 13:00 horas.
Pódese consultar o calendario no arquivo anexo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »