Novos vales de axuda para adquirir material escolar

DOG 196: Resolución de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Beneficiarios:

As persoas que xa foron beneficiarias desta axuda para adquiriren material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, e o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.

A contía individual da ampliación da axuda para adquirir material escolar é de 25 € adicionais.

As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes do 1 de decembro de 2022.

Calendario para a celebración de eleccións de membros do consello escolar

Publicada no DOG do día 30 de setembro de 2022 a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Enlace

Nesta ocasión toca elixir catro representantes do profesorado, dous do alumnado, un das familias e un do persoal non docente. 

Elección dos membros da Xunta electoral:  sorteo público o día 28 de outubro de 2022, ás 10:10 horas na sala de titorías.

 

Modelo de presentación de candidaturas

Censo de alumnado

Censo de responsables

Censo de persoal non docente

Modelos de papeletas

Datas de celebración dos sorteos públicos

Calendario eleccións

Candidaturas provisionais

Candidaturas admitidas

Resultado do proceso electoral

 

 

Reunión das familias cos titores do alumnado

 

Estimados pais e nais :

Como cada ano, unha vez feita a reunión das familias e o equipo directivo, se convoca una reunión das familias co profesor ou profesora titor /titora do grupo.

Este ano esa reunión será PRESENCIAL e na aula correspondente ao curso do seu/súa fillo/a.

Todos os grupos e cursos da ESO e do Bacharelato terán a reunión o luns 19.

 DATA:    LUNS 19

HORA:     18.30H

LUGAR:   AULA DO GRUPO

 Por cuestión de espazo se pide a presenza dun único familiar por alumno/a.

No caso de estar interesados e non poder asistir ese día, poden pórse en contacto connosco en calquera outro momento, chamando ao 988252000, para concertar unha cita presencial co seu titor /titora ou solicitar titoría  telefónica.

PROTOCOLO DE RECEPCIÓN ÁS FAMILIAS

PROTOCOLO DE RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.

Curso  2022-2023

Estimados pais/nais /titores/as legais:

Coa finalidade de manter unha comunicación eficaz,  fluída e cércana coas familias ou persoas responsables do alumnado da ESO e do Bacharelato, é habitual convocar unha reunión co equipo directivo e os titores ó inicio do curso.

O seguir sen ter un salón de actos no centro lévannos a facer as reunións usando a aplicación de videoconferencia que a Consellería de Educación pon a disposición dos centros escolares e das familias na dirección  https://eduxunta.webex.com

 A través de Abalar ou por correo electrónico recibirán o número da reunión e a contrasinal.

O calendario das reunións co equipo directivo será o seguinte :

 

NIVEL/GRUPO

DATA:

HORA INICIO

1º eso A /B/C                 

15-09-2022

20:00

 

2º eso A /B/C               

15-09-2022

3º eso A /B/C             

14-09-2022

20:00

 

4º eso A /B            

14-09-2022

1ºBCH A /B / C                

13-09-2022

 

20:00

2ºBCH A /B                     

13-09-2022

En cada reunión trataranse os temas habituais do inicio do curso e informarase das reunións posteriores das familias cos titores.       

Saúdos

                       

              

Presentación e inicio do curso 2022-2023

                            ENLACE

NOVO HORARIO

NOVAS PARA O CURSO 2022-2023

De cara ao novo curso, trala aprobación por parte do Claustro de profesorado e o Consello Escolar, o centro recuperará a xornada lectiva anterior á COVID, con dous períodos de recreo de 20 minutos:  o primeiro as 10:10 horas e o segundo as 12:10 horas.

A docencia dos luns pola tarde será presencial para os dous cursos de bacharelato.

Para a ESO seguirá sendo telemática, tal e como foi durante o curso 2021-2022.

Non funcionará o servizo de comedor e o alumnado da ESO transportado voltará para as súas casas ao remate da xornada de mañá dos luns, ás 14:10 horas.

Publicación listaxes do Fondo solidario libros de texto e material escolar

ORDE do 29 de abril de 2022

Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Devolución dos libros de texto do curso 2021-2022

Distribuir contido