|
||||||
|
FONDOLIBROS Curso 2024-2025
LIGAZÓN a Fondolibros
Prazo de presentación de solicitudes: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Texto da convocatoria: Orde do 7 de maio de 2024
Publicación de listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024
Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024
Publicación de actos
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan.
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.