FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Antes de continuar, lea a "INFORMACIÓN IMPORTANTE" nesta páxina. (Novo: 27 maio 2020)

Pola situación sanitaria actual, e para evitar a presencia innecesaria de persoas no centro, non acuda ao mesmo a buscar a solicitude. Utilice os enlaces que aquí se mostran. 

Se vai presentar a documentación persoalmente no propio centro, acuda ao mesmo só cando teña cuberta toda a documentación solicitada (ANEXOS debidamente cubertos, fotocopias requeridas, e calquera outra documentación)  O centro non fai fotocopias.

ORDE do 12 de maio de 2020 (DOG 96, 12 de maio 2020)       Plazo de presentación: 20/05/2020 - 19/06/2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Enlace á FONDOLIBROS

Enlace ao DOG

Enlace á sede electrónica

SOLICITUDE

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

No Día das Letras Galegas, Radio Ponte Sevilla inaugura este 17 de maio de 2020 as súas emisións cun programa dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano. No día grande da lingua e da cultura galegas, desde o IES Ferro Couselo de Ourense queremos lembrar a figura e a obra do autor coa lectura de distintas mostras da súa produción literaria.  Dirixidos novamente pola profesora Ana, varios profesores e profesoras do instituto dan voz á obra de Carvalho Calero.

https://youtu.be/ogohEvCUOD8

AVISO. ADMISIÓN ALUMNADO

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma dende o 11 de maio ata o 18 de maio.

O alumnado matriculado no centro e que continue sus estudos no mesmo, NON TEN que facer a solicitude. Quen ten que facer a solicitude?: alumnado que solicita plaza escolar por primera vez, alumnado que desea cambiar de centro e alumnado que quiere continuar estudios en un centro de adscripción cuando el número de plazas disponibles es inferior a la demanda. Toda a información está dispoñible nos documentos adxuntos.

Datas do procedemento de admisión e matrícula curso 2020-2021

Instrucións proceso de admisión maio 2020

Enlace Anexo II         Enlace anexo II bis

23 DE ABRIL DE 2020 DÍA DO LIBRO

O profesorado do Ferro conmemora o día do libro 2020 coa lectura compartida destes dous textos clásicos da literatura galega e castelá.  O texto de Rosalía de Castro e o texto de Calderón presentan as dúbidas e a tristeza dos seus protagonistas ante unha situación de illamento e incerteza.  Nas últimas semanas, todos estamos a vivir algo parecido.

Rosalía de Castro: Adiós ríos, adiós fontes.        https://youtu.be/viEjYe1d6EQ

Calderón de la Barca: La vida es sueño.             https://youtu.be/14FxJ2Hri8E

RESISTIRÉ 2020. Video dedicado a todo o alumnado do IES Ferro Couselo e as súas familias

Todo o persoal do centro quere dicirvos que aínda que non vos vexamos todos os días nas aulas, seguimos pensando en vós cada día.  Disfrutade do show.
En nome de todo o centro:    Ana María Gómez Mesejo

https://youtu.be/7bs5HiVxXgY

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA ATA O 27 DE MARZO 2º ESO

17 Mar 2020 12:29
Atlantic/Canary

 

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA ATA O 27 DE MARZO:

 

1º MOI IMPORTANTE MANTERSE ACTIVOS, A PROPOSTA É FACER UN DIARIO DE ACTIVIDADES A ENTREGAR CADA SEMANA PARA MANTERNOS MOTIVADOS E CONTROLADOS.

 

2º PROPOSTA DE ACTIVIDADES QUE COMPLETAN DE MANEIRA TEÓRICO-PRÁCTICO OS CONTIDOS QUE ESTABAMOS A TRABALLAR Na SEGUNDA AVALIACIÓN: O BÁDMINTON.

 

HAI ACTIVIDADES DIFERENCIADAS POR CURSOS.

 

UN SAÚDO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

ANA

lopezcruz@edu.xunta.es

ROSA

rfvazquez@edu.xunta.es

NOTAS INFORMATIVAS

ENTREGA DE ORDENADORES PORTÁTILES CON CONEXIÓN Á INTERNET.  Información

 

AXUDAS BENEFICIARIOS COMEDOR. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: Enlace

INFORMACIÓN SOBRE COMEDORES ESCOLARES: Preguntas frecuentes

 

AVALIACIÓN

Suspéndese a Segunda avaliación na ESO e no Primeiro curso de Bacharelato e, polo tanto, non se entregarán boletíns de cualificacións ata recibir instrucións da Consellería ao respecto. As instrucións chegaron hoxe 27 de marzo de 2020.

Avaliaremos ao alumnado e os titores comunicarán os resultados polos medios empregados os últimos días.  Máis información aquí.

 

ABALAR. NOTAS INFORMATIVAS ENVIADAS ÁS FAMILIAS

1.- Nota informativa familias COVID-19

2.- Nota informativa familias COVID-19

3.- Nota informativa familias COVID-19

 

INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. COVID-19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid19 para os vindeiros catorce días naturais contados desde o luns 16 de marzo de 2020

 Ligazón

Medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

LIGAZÓN

Ligazón ás novas instruccións do DOG do 22 de marzo

European Youth Parliament España

PROCESO RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Nos arquivos adxuntos se inclúe información sobre os procesos de reserva e admisión para o vindeiro curso 2020-2021.  Todo o alumnado que formalizou a solicitude de praza no período de reserva do 1 ao 17 de febreiro está admitido. 

Adxunto 1

Adxunto 2

Visita da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dona Ángeles Vázquez Mejuto, visitou hoxe, 12 de febreiro de 2020, o noso centro para recoñecer a nosa participación dentro do Programa Escola Verde, centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente.

Unha Escola Verde é unha escola comprometida co medio ambiente, que integra a sustentabilidade nas súas accións cotiás e non só como un contido a impartir. En liñas xerais, unha Escola Verde ten os seguintes obxectivos:

  • A implicación do claustro escolar como coñecedores e dinamizadores da nova actitude ambiental que imos mudar.

  • A participación activa do alumnado como actor principal das Escolas Verdes.

  • Escoitar a toda a comunidade escolar e tela en conta para mellorar cada día.

  • Centralizar o traballo no Comando Verde, que será o corazón impulsor.

  • Promover o coñecemento e divulgación das boas prácticas ambientais en toda a comunidade escolar.

 

Distribuir contido