Visita da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dona Ángeles Vázquez Mejuto, visitou hoxe, 12 de febreiro de 2020, o noso centro para recoñecer a nosa participación dentro do Programa Escola Verde, centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente.

Unha Escola Verde é unha escola comprometida co medio ambiente, que integra a sustentabilidade nas súas accións cotiás e non só como un contido a impartir. En liñas xerais, unha Escola Verde ten os seguintes obxectivos:

  • A implicación do claustro escolar como coñecedores e dinamizadores da nova actitude ambiental que imos mudar.

  • A participación activa do alumnado como actor principal das Escolas Verdes.

  • Escoitar a toda a comunidade escolar e tela en conta para mellorar cada día.

  • Centralizar o traballo no Comando Verde, que será o corazón impulsor.

  • Promover o coñecemento e divulgación das boas prácticas ambientais en toda a comunidade escolar.

 

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE 2020

   

O día 31 de xaneiro o alumnado do noso centro participou neste proxecto educativo, deportivo e solidario.  Preme no enlace para ver un resumo da carreira

Acto homenaxe ás vítimas da violencia machista

Xoves, 5 de decembro no Salón de Actos.

5ª hora: 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato

6ª hora: 1º e 2º ESO

Proxecto eTwinning: Soy yo y todos mis idiomas

eTwinning é a comunidade de centros escolares da Unión Europa. 

O Departamento de Francés do noso centro xunto co Instituto Louis Payen de Saint-Paul, da Illa da Réunion, Francia,

solicitaron un proxecto titulado "Soy yo y todos mis idiomas".

A Axencia Europea eTwinning aprobou o proxecto que vai dirixido ao alumnado de 4º ESO.

O obxetivo principal é mellorar a competencia lingüística en Francés a través da comunicación directa entre alumnos de ambos países onde presentarán a súa cidade, comidas, bailes tradicionais, o instituto e outros datos relativos á vida cotiá.

https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm

ERASMUS+ KA229 da Comisión Europea, Asociación de intercambio escolar

Erasmus+Plus, Enriqueciendo vidas, abriendo mentes

 

 

 

Título do proxecto: Zorbalia son ver, dostlua yol ver (Say bye to bully, say hi to buddy, Adios al acoso, dar paso a la amistad). Convivencia escolar.

Coordinador: Turquía. Instituto: Haci Celal Oto Ortaokulu. Cidade: Aydin  

http://hacicelalotoortaokulu.meb.k12.tr/

Socios:

Polonia. Instituto:  Szkola Podstawowa nr 4 im. Kombatantow Ziemi Ziebickiej. Cidade: Ziebice

http://www.sp4ziebice.szkolnastrona.pl/

España. IES Xesús Ferro Couselo, Ourense

Duración do proxecto: 2 anos

Número: 2019-1-TR01-KA229-074466_2

Alumnado a que vai dirixido: 2º e 3º ESO

Una vez celebrada a reunión informativa coas familias o mércores, día 9 de outubro, ás 19´00 horas no Salón de Actos, comunícase a apertura do prazo de inscrición para solicitar ser familia de acollida.

Poden recoller/entregar o formulario de solicitude na Conserxería do Instituto.

Prazo de presentación: martes, 15 de outubro ás 14´10 horas

Mellores expedientes e notas na fase final das ABAU

                                                              Parabéns ás alumnas que obtiveron unha nota superior a 9 nas probas ABAU

                            Parabéns a toda a Comunidade Educativa polos resultados

  Curso 2018-19

Cristina Martínez Veras  

Curso 2017-18

Nuria Vázquez González y Paula Martínez Quintas.

Listado de libros para o curso 2019-2020

Preme no enlace para acceder ao listado

LISTADO DE LIBROS

Programa de Inmersión Lingüística. Francés, Inglés. Baiona, maio 2019

Neste enlace podedes ver as fotos das actividades e valoración final do alumnado.

https://drive.google.com/drive/folders/1SQxmm0kFJY5PwvjTLtes2MKn3pBei9wV?usp=sharing

 

Creando Igualdade Ofrecemos o Mellor de Nós

O venres 3 de maio, na Casa de Cultura Manuel María, de Barbadás, inaugúrase a exposición

Creando Igualdade Ofrecemos o Mellor de Nós

Mais imaxes da exposición na galería.    Enlace

Valencia - Madrid. Abril 2019

                                                      Alumnado de 4º ESO

                                                         Datas: 10 - 16 de abril de 2019

 

     

Valencia

Ciudad de las Artes y las Ciencias

Albufera

Actividades náuticas en Cullera

Madrid

Visita al Madrid de los Austrias

Parque Warner

Mirade que ben o están pasando.  Podedes ver algunha foto mais da viaxe na galería de imaxes.  Enlace

Distribuir contido