CHARLA AECC

Comezamos a semana recibindo a visita da Asociación española contra o cancro e do actor e director de cine Rubén Riós. Esta sorpresa ten a súa orixe nunha colaboración desta asociación co Equipo de mediación do noso centro. Nesta iniciativa catro alumnas do IES Ferro Couselo colaboraron na creación dun pequeno documental sobre a importancia do coidado. Así mesmo, Rubén Riós e as colaboradoras da Asociación emocionáronnos coa súa mensaxe de esperanza, valentía e solidaridade.

Mil grazas á AECC por pensar en nós; a Rubén Riós polo seu poder de comunicación e polo seu bo facer; e mil grazas ao alumnado colaborador e, moi especialmente, ás súas familias facer realidade un proxecto tan marabilloso. Estamos desexando ver nas redes o resultado final!!!

 

     

 

AdxuntoTamaño
RUBÉN1.jpg827.05 KB
RUBÉN2.jpg409.59 KB