Skip to Content

Xornada de portas abertas

O martes 15 de marzo, de 18:00 a 19:00, realizarase no noso Centro unha xornada de portas abertas para o alumnado e as familias que se vaian matricular por primeira vez no Fernando Esquío. Agardámovos!!

Procedemento para a revisión de cualificacións curso 2021-22

Adxúntase a normativa para o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención de título académico para o curso 2021-2022.

Admisión alumnado

Aberto o prazo de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo é do 1 ao 21 de marzo.

 

 

Reserva alumnado curso 2022-23

Todo o alumnado que fixo a reserva para o curso 2022-23 en 1º ESO e 1º de Bacharelato está admitido. 

 

Día de Rosalía

O 23 de febreiro, o Fernando Esquío celebrou o Día de Rosalía con actividades do alumnado e a intepretación coa gaita da Alborada de Rosalía por parte dunha alumna do centro. 

 

 

Axudas para programas de inmersión lingüística en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de Bacharelato de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na páxina AxudasLe ata o 28 de febreiro.

Programa Edureferentes

O noso centro foi admitido no programa Edureferentes sobre mulleres galegas destacadas en diversos campos profesionais. Podedes consultar máis información aquí.

 

Reparto de froita e leite

Desde o día 7 ao 18 de febreiro repartirase froita e leite nos recreos ao noso alumnado no Salón de Actos. Alimentádevos ben!!!!

Obradoiro Pilabot

O 1 de febreiro celebramos no Esquío un obradoiro de Pilabot sobre a importancia de reciclar as pilas e acumuladres.

 

Recicla con enerxía!!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut