Skip to Content

Ciencias Naturais

Feira de Ciencias IES de Mugardos-IES Fernando Esquío

Hoxe tivo lugar unha Feira de Ciencias intercentros na que participamos o IES Fernando Esquío e o IES de Mugardos. Nela, alumnado da ESO e de Bacharelato dos dous centros fixo distintas exposicións e obradoiros: papiroflexia, explicación dunha investigación sobre o Efecto Pigmalión, diseccións de ollo e corazón, elaboración de cosmética natural, obradoiro de RCP, xincana dos sentidos, stand de nutricón, fabricación de biodiésel, trivial científico e retos matemáticos. Foi unha gran oportunidade para compartir os traballos realizados durante o curso e para coñecernos entre nós.

Galería de imaxes.

Proxectos de Bioloxía 1º ESO

Como proxecto do terceiro trimestre na materia Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º da ESO elaborou uns lapbooks sobre ecosistemas de película. Deixámosvos unha presentación para que poidades ver que ben lles quedaron!

 

Saída xeolóxica

O pasado 24 de maio, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou unha saída xeolóxica guiada polo xeólogo Francisco Canosa. Esta tivo lugar na zona de Moeche, comezando ao pé do castelo, e nela os alumnos/as puideron aprender acerca dunha rocha coñecida co nome de toelo ou serpentinita, un dos materiais ornamentais máis exclusivos de Galicia. Puideron ver varias canteiras nas que antigamente se levaba a cabo a súa explotación e, ademais, na canteira de A Caleira, puideron observar mármores, unhas rochas moi pouco frecuentes en Galicia.

Non vos perdades as fotos da visita! 

Olimpíada de Xeoloxía

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato participou na fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, que este curso, na provincia da Coruña levouse a cabo no IES de Cabo Ortegal, en Cariño. Primeiro foron recibidos no IES e, a continuación fixeron unha xincana por grupos na contorna do Cabo Ortegal. Posteriormente realizaron unha proba individual tipo test. Pola tarde tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada por Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, dirixida polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa. Deixámosvos a reportaxe gráfica do día!

 

Visión do corpo durante a RCP en 3D

Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Charla-taller sobre primeiros auxilios

Hoxe, tanto profesorado do IES, como o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-taller sobre primeiros auxilios impartida por un médico do 061. Nela explicounos como proceder cando unha persoa se atopa inconsciente, como realizar a reanimación cardiopulmonar, como manexar un desfibrilador semiautomático e como actuar fronte a un caso de atragoamento, tanto en adultos coma en lactantes.

 

 

Materias do Departamento de Bioloxía

No seguinte tríptico tedes unha breve explicación sobre as materias que oferta o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía na etapa do Bacharelato.

Charla sobre doazón de tecidos e órganos

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida por persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que puido aprender sobre a doazón de tecidos e órganos, sobre o rexeitamento que se produce nos trasplantes, así como sobre que hai que facer para convertirse en doador.

 

 

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato visita a Domus

O pasado 29 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar un Laboratorio Aberto na Domus sobre o proceso de síntese dun novo fármaco que se está a investigar para a cura do parkinson.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut