Skip to Content

Reparto de froita e leite

Desde o día 7 ao 18 de febreiro repartirase froita e leite nos recreos ao noso alumnado no Salón de Actos. Alimentádevos ben!!!!

Obradoiro Pilabot

O 1 de febreiro celebramos no Esquío un obradoiro de Pilabot sobre a importancia de reciclar as pilas e acumuladres.

 

Recicla con enerxía!!!!!!

 

 

Horarios exames pendentes 2ª avaliación

No arquivo adxunto podedes consultar as horas e as aulas nas que se realizarán os exames de pendentes da 2ª avaliación.

Ponderacións ABAU 2022

Está publicada a táboa de ponderacións das diferentes materias para a ABAU 2022. Podedes consultala aquí ou na sección da CIUG da web do instituto. 

Novo protocolo Covid-19 (xaneiro 2022)

Adxúntase o novo protocolo Covid da Xunta de Galicia (versión xaneiro 2022) para o ámbito educativo non universitario. Tamén se inclúe un cartel con indicacións para actuar en caso de ser contacto estreito dun positivo.

Xustificación de alta de Covid-19

De acordo coas instrucións da Xunta de Galicia, o alumnado que se reincorpore ao centro tras pasar a enfermidade de Covid-19 deberá presentar ao Equipo Covid do instituto a alta médica en formato papel. Deberá ser entregada o mesmo día da incorporación

Apertura do período de reserva de prazas para o curso 2022-23 para alumnado de centros adscritos

O prazo para solicitar a reserva de prazas para o curo 2022-23 para o alumnado de centros adscritos será do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Probas certificación idioma B1, B2 e C1

Nos próximos días confirmaremos as datas dos exames que serán probablemente na segunda semana de decembro. Máis información:

Calendario escolar 2021-22

No arquivo adxunto pódese acceder ao calendario escolar deste curso 2021-22.

NOVIDADES importantes deste ano:

Distribuir contido


by Dr. Radut