Skip to Content

Sesión coas familias sobre a prevención de condutas aditivas

Os días 26 de maio e 2 de xuño celebraranse na Casa da Cultura de Neda, de 17:00 a 19:00 horas, unhas sesións informativas sobre o papel das familias na prevención de condutas aditivas. É necesario inscribirse, enviando a folla de inscrición adxunta ao enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal antes do 25 de maio.  

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario

Achégase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

Bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o próximo 30 de setembro.

Participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023.

Consellos para saír airosos da ABAU

A nosa Orientadora, Gemma Pérez, elaborou unha lista con consellos para a realización das ABAU:

Xornada de Portas Abertas Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo celebra unhas Xornadas de Portas Abertas 2022 en modalidade presencial os días 14, 15 e 16 xuño nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente para dar a coñecer as titulacións que ofertan 

Día de Europa

9 de maio de 2022: Día de Europa.

 

Parabéns á nosa alumna Esther Dopico

A alumna Esther Dopico, de 3º ESO A, foi seleccionada como finalista no concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María, co seu traballo "A xustiza pola man".

Aplausos Aplaudir Aclamación Bien - Foto gratis en Pixabay

 

Indicacións para as Probas de Acceso á Universidade (ABAU)

Adxúntanse unhas indicacións para a realización das ABAU (Probas de Acceso á Universidade).

Podedes consultar os horarios dos exames aquí.

Documentos aprobados en Consello Escolar

O mércores 27 de abril en sesión ordinaria do Consello Escolar foron aprobados os seguintes documentos:

-Calendario fin de curso 2021-2022

-Criterios de avaliación, promoción e titulación na ESO e Bacharelato. 

Distribuir contido


by Dr. Radut