Skip to Content

Calendario Escolar para o curso 2022-2023

No día de hoxe foi aprobado polo Consello Escolar o Calendario Escolar para o curso 2022-2023.

Contacto para realizar diferentes trámites

Aqueles administrados que necesiten realizar trámites no noso centro educativo deben enviar un correo electrónico á seguinte dirección de correo: ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal. Nel deben indicar o trámite requerido, teléfono de contacto.

Moitas grazas pola súa colaboración

 

 

 

Mércores 20 de xullo serán publicadas as listaxes definitivas do fondo de libros e vales para adquisición de material escolar

 O próximo 5 de setembro de 2022 farase a entrega dos libros aos cursos de 2º ESO e 4º ESO.

Polo de agora non podemos informar do reparto de libros de 1º ESO e 3º ESO pois non chegaron ao centro. No momento que recibamos os exemplares daremos indicacións  para a súa recollida.

Recórdase que está prohibido fotografar as listaxes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Publicada a convocatoria dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto e rematará o día 23 de setembro de 2022.

Ligazón

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros e vales para adquisición de material escolar

Recórdase ás persoas que revisen as listaxes. Está prohibido fotografarlas.

Moitas grazas.

A Xunta abre o prazo para participar no novo programa "DigitalWeek" para mellorar competencias dixitais en inglés.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro para o alumnado da ESO. A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase durante unha semana no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.

 

Ligazón

Libros de texto para o curso 2022-23

Adxúntase a listaxe de libros de texto para o curso 2022-23. 

Datas de matriculación para o curso 2022-2023

Os impresos de matrícula serán entregados cos boletíns de notas (alumnado do centro). Para o novo alumnado os impresos poden ser recollidos en conserxería a partir do 27/06/2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut