Skip to Content

Nosas Meninas de Erasmus Dada

 
Durante a estadía no noso centro os días 15 e 16 de xaneiro dos alumnos de Erasmus provintes de Gales, Alemaña e Turquía organizouse nunha actividade plástico-festiva na que, con pincel na man, entrelazaron vínculos e falaron, non sabemos en qué, inglés, alemán ou a lingua dos signos, pero non deixaron de falar. A idea partíu de Carmen Ozema, a nosa artista favorita, quen dispuxo en grupos ao alumnado a compartir arte nuns días nos que o Olimpo caía a chuzos.

Calendario escolar para o curso 2022/23

No día de onte 26 de xaneiro, o Consello Escolar do IES Fernando Esquío aprobou as modificacións do calendario escolar para o curso 2022/23. Estas modificacións foron realizadas seguindo as indicacións da Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comezo do período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

O período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior remata o 3 de febreiro de 2023.

Máis información

Aclaracións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa relativas á organización do final do curso 2022/2023

Estas aclaracións publicadas no día de hoxe deben ser aplicadas nas etapas da ESO e de Bacharelato.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Máis información

Erasmus DaDa

 
Hoxe tivemos a visita do grupo do proxecto de Erasmus DaDA no que participamos, dentro das actividades que organizamos lles presentamos o noso centro e algunha dos proxectos que temos sobre dixitalización, e para iso a nosa biblioteca.
Mañá haberá máis.

Alerta dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel laranxa por vento e acumulación por neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

Erasmus DaDA

Ao longo desta semana teremos varias actividades relacionadas có proxecto Erasmus no que estivemos participando estos últimos anos. Ademais de recibir a profesores e alumnos de Alemaña, Gales e Turquía faremos a presentación do proxecto no evento multiplicador organizado polo CFR de Ferrol logo de visitar a nosa vila coa compaña de Julio de Secret Galicia o noso guía favorito que contou coa axuda de Manuel Grueiro.

Erasmus + KA2 DADA

No Programa Erasmus + KA2 DADA os alumnos de 3ºESO do curso pasado fixeron unha actividade conxunta có alumnado de Alemaña, identificando as prantas invasivas que temos na nosa contorna. O mapa que resulta é o que vedes na imaxe e podedes visualizar no enlace e que está a medrar, indicando a localización e os datos da pranta atopada.

 

Orde do 27 de decembro de modificación da Orde do 20 de maio de 2022

Na orde do 20 de maio de 2022 aprobouse o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut