Skip to Content

Saída para a recoñecemento e xeolocalización de plantas da nosa contorna

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída coas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega  para recoñecer e xeolocalizar plantas da nosa contorna. Esta actividade encádrase dentro dun proxecto de colaboración  ERASMUS+  do IES cunha escola alemana.

 

 

 

 

Instrucións do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022-2023.

Prema na ligazón.

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas no curso académico 2022-2023

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-2023.

Prema na ligazón.

Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento USC

Nova importante para o alumnado que marche a estudar á Universidade de Santiago de Compostela (USC) nos campus de Lugo e Santiago de Compostela.

Está aberto o prazo de solicitude de aloxamento en residencias da USC.

O prazo para entregar as solicitudes remata o próximo 28 de xuño ás 14:00 horas.

Adxúntase un documento coa información.

Convocados os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes serán dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

No documento adxunto, aparecen os enlaces para consultar o procedemento.

Reciclando en Tecnoloxía

O alumnado de 2º ESO realizou traballos con material de refugallo en Tecnoloxía. Bo traballo, rapazada!!

 

Sesión coas familias sobre a prevención de condutas aditivas

Os días 26 de maio e 2 de xuño celebraranse na Casa da Cultura de Neda, de 17:00 a 19:00 horas, unhas sesións informativas sobre o papel das familias na prevención de condutas aditivas. É necesario inscribirse, enviando a folla de inscrición adxunta ao enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal antes do 25 de maio.  

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario

Achégase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

Bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o próximo 30 de setembro.

Participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut