Skip to Content

Consellos para saír airosos da ABAU

A nosa Orientadora, Gemma Pérez, elaborou unha lista con consellos para a realización das ABAU:

Xornada de Portas Abertas Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo celebra unhas Xornadas de Portas Abertas 2022 en modalidade presencial os días 14, 15 e 16 xuño nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente para dar a coñecer as titulacións que ofertan 

Día de Europa

9 de maio de 2022: Día de Europa.

 

Parabéns á nosa alumna Esther Dopico

A alumna Esther Dopico, de 3º ESO A, foi seleccionada como finalista no concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María, co seu traballo "A xustiza pola man".

Aplausos Aplaudir Aclamación Bien - Foto gratis en Pixabay

 

Indicacións para as Probas de Acceso á Universidade (ABAU)

Adxúntanse unhas indicacións para a realización das ABAU (Probas de Acceso á Universidade).

Podedes consultar os horarios dos exames aquí.

Documentos aprobados en Consello Escolar

O mércores 27 de abril en sesión ordinaria do Consello Escolar foron aprobados os seguintes documentos:

-Calendario fin de curso 2021-2022

-Criterios de avaliación, promoción e titulación na ESO e Bacharelato. 

Ponderacións ABAU

Acaban de publicarse as ponderacións das diferentes materias nas que podedes examinarvos nas ABAU para o acceso aos diferentes graos. Podedes consultalas nesta resolución ou na web da CIUG.

 

Premios extraordinarios Bacharelato 2021-2022

Prazo para facer a solicitude dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

O alumnado candidato deberá realizar unha proba externa e presencial nos lugares que estipule a Consellería.

Haberá un máximo de 20 premios de 1000 € cada un.

Poden consultar a convocatoria aquí.

 

 

 

Xornada de orientación sobre o Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades e o Grao de Dirección e Xestión Pública

O mércores 27 de abril, ás 10 h, na Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra), organízase unha xornada de orientación online titulada “O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública”. 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dirección Xeral de Saúde Pública

Distribuir contido


by Dr. Radut