Skip to Content

Folga do transporte escolar

A empresa adxudicataria do transporte escolar acaba de comunicar ao centro educativo que mañá día 31 de marzo non prestará servizo, polo que o alumnado deberá trasladarse ao IES pola súa conta.

Visita de autores: Eva Mejuto

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

Concurso Cartel Publicitario #EuSonPilabot

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot e queremos animar a todo o alumnado a participar no Concurso Individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar unha tableta! O prazo de inscrición remata o 14 de abril de 2023.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot 

Charla sobre consumo responsable con 1º e 2º da ESO

 

O alumnado dos cursos de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla sobre consumo responsable, organizada pola Escola Galega de Consumo. 

Nesta abordáronse diferentes aspectos sobre os xeitos de consumir coa finalidade de afondar na formación de consumidores e consumidoras concienciadas, responsables e comprometidos/as coa sostibilidade.

Ana Alonso na nosa biblioteca

 

Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias pero tamén as similitudes.

Saída a Ferrol do alumnado de 3º e 4º ESO

 

O pasado de 23 febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha saída a Ferrol organizada polos departamentos de Francés e Xeografía e Historia.

O alumnado de Francés asistiu á representación da obra Le Tour du monde de Nellie Bly, baseada na obra de Xulio Verne A volta ao mundo en 80 días. A función foi organizada para público escolar por BHM Produccións – La Bohème.

Admisión de alumnado

Aberto o prazo de solicitude de admisión para todo o alumnado de centro non adscrito e de centro adscrito que non fixera reserva.

Prazo de solicitude do 1 de marzo ao 20 de marzo do 2023.

Horario: 9:00 - 14:00 horas

Andrea Maceiras e "Que me pare o corazón se te esquezo"

Onte tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.

Erasmus en Cardiff cos alumnos de 4º ESO

No adxunto veredes o programa de actividades que tivemos en Cardiff.

Finalizada a participación do noso centro no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

Finaliza a participación do noso IES, un ano máis, no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite. 

O noso centro está adherido a esta campaña, financiada con fondos galegos, españois e europeos, que fomenta o consumo de froitas e lácteos entre o alumnado.

Durante varias semanas, este tivo acceso a diario, no tempo de lecer, a estes produtos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut