Skip to Content

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación secundaria e bacharelato no curso 2023/24

Publicada a resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o curso 2023/24

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2023- 2024 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes iniciará o día 22 de maio de 2023 e rematará o día 21 de xuño de 2023.

Libros de texto Curso 2023-2024

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

Concurso marcapáxinas Letras Galegas 2023

Xornadas de Portas Abertas EPEF

O venres 23 de xuño vaise celebrar na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña unha Xornada de Portas Abertas. Nela daranse a coñecer as titulacións que se impaten  no centro, así como os seus principais laboratorios.

Formulario de inscrición

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico Curso 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Xornadas con familias

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Participación do noso centro no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

O noso centro está adherido a esta campaña, financiada con fondos  galegos, españois e europeos, que fomenta o consumo de froitas e lácteos entre o alumnado.

Durante dúas semanas, este terá acceso diario, no tempo de lecer, a estes produtos.

Visita de autores: Francisco Narla

Ler sobre a visita no blog do club de lectura.

Distribuir contido


by Dr. Radut