Skip to Content

Charla sobre doazón de tecidos e órganos

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida por persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que puido aprender sobre a doazón de tecidos e órganos, sobre o rexeitamento que se produce nos trasplantes, así como sobre que hai que facer para convertirse en doador.

 

 

Proxectos 1º ESO CURSO 22/23

Premios do primeiro concurso de postal científica de Nadal

O día 21 de decembro, no festival de Nadal do IES Fernando Esquío, coñecimos os nomes dos gañadores do primeiro concurso de postal científica de Nadal. Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar!

 

Festa de despedida do 2023

 

Recomendacións de lecturas para o Nadal

 
Se queredes lelo cos enlaces premede aquí.

Os nosos alumnos no concerto de Ramón Gener

A Sociedade Filarmónica de Ferrol regaloulle unhas entradas para que os nosos alumnos de música asistiran ao concerto de Ramón Gener.

Toda unha experiencia!

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato visita a Domus

O pasado 29 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar un Laboratorio Aberto na Domus sobre o proceso de síntese dun novo fármaco que se está a investigar para a cura do parkinson.

 

Marcha polo bó trato

O alumnado de 1ºESO acudirá o venres 24N á Marcha polo bó trato organizada, como cada ano, polo Concello de Neda para os centros educativos. Podedes descargar aquí a autorización para a saída. 

Uso móbiles no centro

Estimadas familias, A partir do luns 6 de novembro estará prohibido o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos en todo o recinto escolar do IES Fernando Esquío en cumprimento do establecido no punto 19.4 do DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

"Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica."

Distribuir contido


by Dr. Radut