Skip to Content

Estrea de producións audiovisuais

O pasado 24 de xuño tivo lugar a estrea, na Casa da Cultura de Neda, de dúas producións audiovisuais, Eu non calo realizada polo equipo de mediación que será publicada no primeiro trimestre do próximo curso e O son do noso sentir creada por alumnado de 4º ESO na clase de música.

estreaPodes ver o contido da estrea na seguinte ligazón   

Roteiro por Mondoñedo do Club de Lectura

galería de fotos

Onte a maior parte dos membros do club de lectura literario e parte do club de manga nos achegamos ata Mondoñedo para visitar a vila, berce de tantos persoeiros das letras e a cultura. Nos acompañaron os rapaces do club de lectura do IES de Breamo cos que compartimos as lecturas dos textos de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro e Marina Mayoral, percorrimos a vila e descubrimos as marabillas da Catedral, o Museo da Imprenta e a biblioteca do Seminario...., sabíades que logo da invención da imprenta por Gutenberg as dúas primeiras cidades galegas onde trouxeron o artiluxio foron Monterrei e Mondoñedo?

Feira de Ciencias IES de Mugardos-IES Fernando Esquío

Hoxe tivo lugar unha Feira de Ciencias intercentros na que participamos o IES Fernando Esquío e o IES de Mugardos. Nela, alumnado da ESO e de Bacharelato dos dous centros fixo distintas exposicións e obradoiros: papiroflexia, explicación dunha investigación sobre o Efecto Pigmalión, diseccións de ollo e corazón, elaboración de cosmética natural, obradoiro de RCP, xincana dos sentidos, stand de nutricón, fabricación de biodiésel, trivial científico e retos matemáticos. Foi unha gran oportunidade para compartir os traballos realizados durante o curso e para coñecernos entre nós.

Galería de imaxes.

Matrícula 24/25

DATAS de formalización da matrícula:

  • 2º Bacharelato luns 1 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 1º Bacharelato martes 2 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 4º ESO mércores 3 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 3º ESO xoves 4 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 2º ESO venres 5 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 1º ESO luns 8 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30

 

Proxectos de Bioloxía 1º ESO

Como proxecto do terceiro trimestre na materia Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º da ESO elaborou uns lapbooks sobre ecosistemas de película. Deixámosvos unha presentación para que poidades ver que ben lles quedaron!

 

Devolucións do préstamo

Os titores/responsables devolverán os libros, ordenadores e conexións a internet de préstamo os días: 

  • O mércores 19 de xuño os cursos de 1ºESO e 2ºESO de 16:30 e 18:30
  • O xoves 20 de xuño os cursos de 3ºESO e 4ºESO de 16:00 e 18:00 
  • En caso de non poder vir o día marcado deberán poñerse en contacto co centro para poder devolvelos o venres 21 con cita e dentro do horario lectivo.

ABAU - Probas de acceso á universidade

Temos o placer de comunicarvos que das 30 persoas que se presentaron este ano á ABAU (algunha delas para subir nota de anos pasados) TODAS aprobaron. Temos un 100% de éxito!!!

Moitos parabéns polo esforzo e traballo!

Desexámosvos o mellor para o futuro e sabedes que tedes as portas do voso IES abertas para vir saudar sempre que querades.

 

 

Bolsas NEAE

Todas aquelas persoas que desexen formalizar a bolsa NEAE poden facelo entre o 30 de abril e o 13 de setembro cumprimentando o formulario que aparece neste enlace (https://www.educacionfpydeportes.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalo...) e remitíndoa ao centro educativo onde cursa estudios para que tramitemos a solicitude.

En maio Día Escolar das Matemáticas

Desde que o profesor de matemáticas inglés, Rowland Hill (1795-

Viaxe de final de etapa 4º ESO: Xenebra e Lausanne

Preme para ver a galería

Do 18 ao 22 os alumnos de 4º ESO fixeron unha viaxe a Xenebra e Lausanne onde visitaron a ONU, o CERN, o Museo Olímpico de Lausanne ademais de percorrer ambas cidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut