Skip to Content

Samaín 2023

Polo Samaín, coma sempre, tivemos castañada e moita música e disfraces. A rapazada creou un túnel do terror que fixo as delicias de todos, maiores e pequenos, e xunto aos profes e alumnos disfrazados, pasamos un bo rato. Botádelle un ollo á galería de fotos e o comprobaredes.

Martes 31 de outubro

Estimadas familias,  o martes 31 de outubro haberá clase ordinaria excepto nas dúas últimas horas nas que teremos un magosto. Haberá castañas, música en galego, un túnel do terror e desfile de zombies, Santa Compaña e algunha sorpresa máis... O alumnado pode vir disfrazado pero sempre lembrando que a festa non empeza ate as 12h12.

Un saúdo, o equipo directivo

Viaxe a Paris

Estimadas familias, 

Tedes no arquivo adxunto o tríptico sobre a viaxe a Paris do vindeiro mes de abril. Iremos actualizando a información durante as vindeiras semanas.

Para calquera dúbida pregamos que vos poñades en contacto con nós a través do correo viaxes@iesesquio.org.

Un saúdo, 

O departamento de Francés

Folga alumnado xoves 26 de outubro

Estimadas familias, 

Folga profesorado martes 24 de outubro

Prezadas familias, 

O martes 24 de outubro está convocada unha folga de profesorado.

O centro estará aberto no seu horario habitual e o servizo de transporte funcionará como de ordinario.

 

Probas de Certificación en Linguas Estranxeiras

Nova convocatoria para as probas de certificación lingüística 2023/24, Orde do 29 de setembro.

Reunións principio de curso

Estimadas familias, o vindeiro xoves 5 de outubro terán lugar as reunións de presentación de principo de curso. As familias serán recibidas polo equipo directivo e despois irán ás aulas do alumnado a falar coa persoa responsable da titoría correspondente.  O horario de inicio das reunións será o seguinte:

2ºESO Fondo solidario de libros de texto

xoves 28 de setembro  de 15h a 18h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 2º da ESO. Os libros terán que ser recollidos por nai/pai/titor-a legal presentando o DNI. Non se poderán entregar os libros sen o DNI nin fóra deste horario. Grazas pola súa colaboración.

4ºESO Fondo Solidario do libros de texto

O xoves 21 de setembro  de 17h a 20h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 4º da ESO. Os libros terán que ser recollidos por nai/pai/titor-a legal presentando o DNI. Non se poderán entregar os libros sen o DNI nin fóra deste horario. Grazas pola súa colaboración.

 

3º ESO Fondo solidario de libros de texto

O mércores 13 de setembro de 17h a 20h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 3º da ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut