Skip to Content

Novo blogue do EDLG do IES Fernando Esquío

 

Inauguramos un novo blogue para informar das actividades do EDLG, non deixedes de visitalo.

O IES Fernando Esquío participará no Laboratorio de Apoderamento LGBT+ xunto con outros cinco centros da comarca

 

O IES Fernando Esquío participará no Laboratorio de Apoderamento LGBT+, unha acción de innovación educativa pola diversidade sexual en Ferrolterra que foi presentada publicamente onte, 4 de setembro, en Fene.

Trátase dun proxecto piloto de sensibilización das comunidades locais no respecto á diversidade sexual, deseñado pola cooperativa ferrolá Rexenerando e financiada pola Deputación da Coruña.

Inicio de curso

Estimada comunidade educativa,

O inicio das clases do curso 24/25 será o mércores 11 de setembro ás 8:30.

Na primeira hora (8:30-9:20) o alumnado terá unha presentación coas persoas titoras de cada grupo e despois xa empezarán as clases ordinarias.

Para aquelas persoas que aínda non recolleran os libros de texto do Fondo Solidario, poden pasar esta semana de 10h a 13h. Pregamos que veña recoller os libros a persoa solicitante ou, no seu defecto, autorizada e con fotocopia do dni da persoa titular.

Do luns 2 ate o martes 10 o centro estará aberto de 9:30 a 13:30 para que o equipo de profesorado e limpeza poñamos todo en marcha para empezar o día 11 (o luns 9 de setembro o centro estará pechado por festivo local).

Apertura do centro

Estimadas familias, 

A atención presencial no IES Fernando Esquío retomarase o luns 02 de setembro.

En caso de ter calquera dúbida ou precisar de algunha cousa, podedes poñervos en contacto co centro por mail:ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal  ou no teléfono habitual 881930387 de 10h a 13h.

O día 02 de setemrbro retomaremos a atención presencial de 9:30 a 13:30 ate o comezo das clases o mércores 11 de setembro.

Certificado de competencias dixitais (4º ESO)

O Certificado de competencias dixitais do alumnado de 4º da ESO está disponible para o alumnado maior de idade ou as persoas responsables a través de abalarMóbil e abalarWeb:

  • Na aplicación abalarMóbil podedes velo picando nas tres liñas arriba á esquerda e despois "descarga de documentos"
  • No espazo web tendes que picar en "ver alumno">"descargar documentos" e despois acceder ao buzón de informes para velos.

Reparto Libros Fondo Solidario

Estimadas familias:

O reparto dos libros de 2ºESO e 4ºESO realizarase en setembro xa que non temos todas as existencias necesarias para poder repartir a todo o mundo os libros que lle foron outorgados.

Os libros de 1ºESO e 3ºESO poden ser recollidos con normalidade ao longo do día de hoxe mércores 24 de xullo ou en setembro.

Os vales de material están á disposición das persoas beneficiarias na conserxería do centro.

No momento da recollida lembrade que a persoa solicitante ten que presentar o seu dni para poder identificala correctamente. En caso de delegar noutra persoa a recollida esta persoa deberá ser autorizada e presentar fotocopia do DNI do solicitante.

Fondo de libros e vales de material

Podedes consultar na aplicación FondoLibros (ou no interior do IES) se tedes libros de texto outorgados polo Fondo Solidario e cales son.

Tamén podedes pasar a recoller os vales de material (ate o 24 de xullo ou ben en setembro)

O reparto de libros do Fondo Solidario será nas seguintes quendas:

 

  • Libros de 1ºESO e 3ºESO: luns 22 de xullo de 9:30 a 13:30 
  • Libros de 1ºESO e 3ºESO: martes 23 de xullo de 9:30 a 13:30 

(haberá un novo reparto en setembro)

Lista de libros de texto 2024/25

No arquivo adxunto se encontra a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2024/25

LIBROS DE TEXTO 2024/25

Fondo solidario de libros de texto

No taboleiro do centro e na aplicacion web FondoLibros podedes acceder ao listado de solicitudes admitidas/excluidas no fondo solidario de libros de texto.

Os días de reclamacións son venres 12 e luns 15 de xullo.

A relación definitiva de libros de texto que corresponden a cada alumno/a aparecerá cando sexa publicada a lista definitiva a partir do martes 16 de xullo xunto co listado dos libros 24/25 que estarán tamén publicadas na web.

Horario de xullo e agosto

O horario de verán do centro será de 9:30 a 13:30

  • do 1 ao 24 de xullo: atención presencial /telefónica / correo electrónico
  • o resto de xullo e agosto: atención telefónica / correo electrónico
Distribuir contido


by Dr. Radut