Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Visita de Espido Freire
A escusa para contar con Espido Freire é a presentación da súa saga xuvenil que inicia con El chico de la flecha, que leron os nosos alumnos de 4º ESO e os do club de lectura de 2ºESO. Tras unha pequena presentación a cargo de Sabela, Lucía e Ainara, Espido falounos do seu amor pola cultura clásica que descubriu cando era unha rapaza de 9-10 anos grazas á biblioteca que tiña preto da casa e a escola. Alí atopou obras como Quo Vadis? ou Los últimos días de Pompeya e moitas outras obras que tanto a engancharon a este mundo. Contounos que a influencia romana e grega non se limita a dous séculos, senón que alongase durante mil anos: somos produto desta herdanza, as nosas tradicións, as leis, a familia, a nosa democracia...non só a lingua, fan de nos o que somos. O feito de estudialas nos fai comprender a nosa historia e respetar aos demáis... seguir no noso blog para ver os vídeos