Skip to Content

Blogues

Marcha polo bo trato

Dentro do traballo para a erradicación da violencia de xénero no IES Fernando Esquío participamos, un ano máis, na Andaina Solidaria contra a violencia de Xénero do Concello de Neda.

Este acto, que terá lugar este venres 22 de novembro é unha andaina reivindicativa na que participará alumnado do noso centro e que pretende visibilizar a nosa repulsa pola violencia de xénero nas súas distintas formas (psicolóxica, física, económica, vicaria, sexual, dixital...) e o noso compromiso pola igualdade real entre mulleres e homes.

 

Obradoiro para adultas (familias, docentes e PAS): Como acompañar á mocidade na diversidade sexual?

 

No noso centro estamos inmersas xa no Laboratorio de Apoderamento LGBT+. Durante os meses de outubro e novembro, da man da cooperativa Rexenerando, estanse a desenvolver varias sesións de traballo co alumnado de 4º da ESO nas que:

 

1- Reflexionar sobre a diversidade sexual, aclarando conceptos chave e cuestionando mitos e prexuízos asociados.

Polo Samaín....

Polo Samaín, no noso IES tivemos unha exposición con recomendacións literarias terroríficas, así como un concurso de microrrelatos no que o alumnado deixou voar a súa imaxinación e ideou as fabulosas creacións que podedes ver na presentación. Ademais, a Santa Compaña foi polas clases recitando versos e tamén tivemos un túnel do terror e unha lectura de contos de terror no salón de actos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica e o vídeo da Santa Compaña!

 

Autorización día non lectivo

O amparo do disposto no artigo 7.2 da ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de abril), no noso centro foi autorizado como día non lectivo o día 05/12/24.

Día do ensino - 31 de outubro - non lectivo

Bo día,

Tal e como establece o calendario escolar da Xunta de Galicia o 31 de outubro celébrase o Día do Ensino e non é lectivo.

Convocatoria do proceso electoral para a renovación do Consello Escolar

Prezada comunidade educativa, 

Tal o como aprobou a Xunta Electoral, con data de 30 de outubro, procédese á convocatoria de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar e á publicación dos censos electorais provisionais. Os censos dos distintos sectores están expostos no taboleiro do centro onde poden ser consultados. As alegacións poden formularse a través da secretaría do centro ate o día 8 de novembro. Tamén se poderán presentar candidaturas a representación dos distintos sectores ate o mesmo 8 de novembro. 

As eleccións terán lugar o vindeiro 19 de novembro.

Animamos á vosa participación neste proceso.

Atoparedes a información e calendario detallado no arquivo adxunto.

Saúdos, 

Axudas escolares do Concello de Neda

presentación 24/25

Estimadas familias, 

O vindeiro xoves 3 de outubro no IES Fernando Esquío recibiremos ás familias para que coñezan ás persoas titoras do alumnado e resolvan calquera dúbida con respecto ao funcionamento do centro. 

Novo blogue do EDLG do IES Fernando Esquío

 

Inauguramos un novo blogue para informar das actividades do EDLG, non deixedes de visitalo.

O IES Fernando Esquío participará no Laboratorio de Apoderamento LGBT+ xunto con outros cinco centros da comarca

 

O IES Fernando Esquío participará no Laboratorio de Apoderamento LGBT+, unha acción de innovación educativa pola diversidade sexual en Ferrolterra que foi presentada publicamente onte, 4 de setembro, en Fene.

Trátase dun proxecto piloto de sensibilización das comunidades locais no respecto á diversidade sexual, deseñado pola cooperativa ferrolá Rexenerando e financiada pola Deputación da Coruña.

Distribuir contido


by Dr. Radut