Skip to Content

Campaña solidaria de recollida de alimentos

Polo Nadal, no IES Fernando Esquío imos facer unha campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros, que doaremos ao Concello de Neda, para que desde alí sexan repartidos a aquelas persoas que os precisen. Esperamos recoller unha gran cantidade deles e contribuír, deste xeito, a facerlles un pouco máis felices estas datas tan especiais.

Obradoiro para adultas (familias, docentes e PAS): Como acompañar á mocidade na diversidade sexual?

 

No noso centro estamos inmersas xa no Laboratorio de Apoderamento LGBT+. Durante os meses de outubro e novembro, da man da cooperativa Rexenerando, estanse a desenvolver varias sesións de traballo co alumnado de 4º da ESO nas que:

 

1- Reflexionar sobre a diversidade sexual, aclarando conceptos chave e cuestionando mitos e prexuízos asociados.

Polo Samaín....

Polo Samaín, no noso IES tivemos unha exposición con recomendacións literarias terroríficas, así como un concurso de microrrelatos no que o alumnado deixou voar a súa imaxinación e ideou as fabulosas creacións que podedes ver na presentación. Ademais, a Santa Compaña foi polas clases recitando versos e tamén tivemos un túnel do terror e unha lectura de contos de terror no salón de actos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica e o vídeo da Santa Compaña!

 

Autorización día non lectivo

O amparo do disposto no artigo 7.2 da ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de abril), no noso centro foi autorizado como día non lectivo o día 05/12/24.

Día do ensino - 31 de outubro - non lectivo

Bo día,

Tal e como establece o calendario escolar da Xunta de Galicia o 31 de outubro celébrase o Día do Ensino e non é lectivo.

Convocatoria do proceso electoral para a renovación do Consello Escolar

Prezada comunidade educativa, 

Tal o como aprobou a Xunta Electoral, con data de 30 de outubro, procédese á convocatoria de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar e á publicación dos censos electorais provisionais. Os censos dos distintos sectores están expostos no taboleiro do centro onde poden ser consultados. As alegacións poden formularse a través da secretaría do centro ate o día 8 de novembro. Tamén se poderán presentar candidaturas a representación dos distintos sectores ate o mesmo 8 de novembro. 

As eleccións terán lugar o vindeiro 19 de novembro.

Animamos á vosa participación neste proceso.

Atoparedes a información e calendario detallado no arquivo adxunto.

Saúdos, 

Novo blog do Club de ciencia do IES Fernando Esquío

 

 

Este curso estreamos Club de ciencia e, con el, novo blog, no que podedes ver todas as actividades que realizaremos ao longo do curso: 

https://clubcienciaesquio.blogspot.com/

 

Axudas escolares do Concello de Neda

Estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío

No curso 2024-2025 estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío! Se es alumno/a do centro e estás interesado/a en participar, faremos unha reunión informativa o martes 8 de outubro no segundo recreo, na aula de audiovisuais. Anímate e apúntate!

presentación 24/25

Estimadas familias, 

O vindeiro xoves 3 de outubro no IES Fernando Esquío recibiremos ás familias para que coñezan ás persoas titoras do alumnado e resolvan calquera dúbida con respecto ao funcionamento do centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut